Bobo-Dioulasso é unha cidade de Burkina Faso cunha poboación de 537 728 (2012), sendo a segunda maior cidade do país, despois de Uagadugú, a capital de Burkina Faso. O seu nome significa "fogar de Bobo-Dioula".

A poboación local é falante de lingua bobo (relacionada cos mande) e refírense á cidade sinxelamente como Sia. Existen dous dialectos diferentes de lingua diula, baseándose na orixe diferente dos pobos. A cidade atópase no suroeste do país, na provincia de Houet, a uns 350 km de Uagadugú. Bobo-Dioulasso ten unha grande importancia económica (comercio agrícola e industria téxtil) e culturalmente, xa que é o principal centro da cultura e da música no país.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial de Bobo-Dioulasso

Categoría:Cidades de Burkina Faso