O reiciño de Galicia ou O reiciño de Galiza (en ) é unha epopea incluída na primeira serie da colección de poemas La Légende des siècles (1859) do escritor francés Victor Hugo. Está inspirada na historia de García II de Galicia.O reiciño de Galicia , traducido por Henrique Harguindey. O poema relata a tentativa de usurpación do reino a Nuno, fillo de García de Galicia.
Foi traducida ó galego por Henrique Harguindey e foi publicada pola Edicións Laiovento no ano 1998. No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Harguindey dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais. En 2022 Laiovento publicou unha nova edición na colección Ventoalto.
En 2023 unha adaptación en banda deseñada de Inacio Vilariño e Iván Suárez foi publicada polo Demo Editorial. Recibiu o Premio Deputación da Coruña a proxectos sobre o Reino de Galicia 2022.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Biblioteca Galega de Clásicos Universais
Categoría:Obras literarias de 1859 Categoría:Obras literarias en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego Categoría:Victor Hugo