Fosca é unha novela en lingua italiana escrita por Iginio Ugo Tarchetti publicada orixinalmente en 1869 en formato serial. Fosca serviu como base do filme de 1981 de Ettore Scola Passione d'amore, así como o musical Passion de Stephen Sondheim, en 1994. Por mor do éxito da versión teatral, unha versión en inglés traducida por Lawrence Venuti foi publicada en 1994 co nome Passion: A Novel (Mercury House).
Foi traducido ó galego por Isabel Soto e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2016. A tradución recibiu o Premio Plácido Castro de Tradución na súa XVI edición (2016).A viguesa Isabel Soto foi a gañadora da XVIª edición do Premio Plácido Castro de Tradución pola obra Fosca de Iginio Ugo Tarchetti. , nova en XornaldeGalicia o 29 de xuño de 2017..
Notas
Categoría:Obras literarias de 1869 Categoría:Novelas en italiano Categoría:Obras traducidas do italiano ao galego