Tito Pérez Pérez, nado na Coruña en 1983, é un escritor galego.

Traxectoria De orixes lucenses, do lugar de San Martiño do Picato no concello de Guntín, Tito Pérez naceu na Coruña. Durante a súa infancia e mocidade residiu no barrio de Monte Alto e estudou no colexio Salesianos da Coruña. Titulouse en Enxeñaría Técnica Industrial en Electricidade pola Escola Universitaria Politécnica de Ferrol.

Malia o seu perfil profesional, dende a adolescencia medrou fascinado polas grandes novelas de finais do século XIX e principios do XX, en particular por obras de autores rusos como Maxim Gorki, Fiódor Dostoievski, Lev Tolstoi, Boris Pasternak ou Mikhail Sholokhov. Do mesmo xeito viuse influído polo cine clásico, principalmente polo neorrealismo italiano.

Participou en varios números da Revista Atenea do Ateneo Ferrolán.

Ao rematar a carreira traballou de enxeñeiro ata que as circunstancias da crise económica do 2008 o obrigaron a emigrar a Londres onde traballou como camareiro e mozo de carga. De volta a Galiza compaxinou o seu labor como escritor co traballo de teleoperador e enxeñeiro freelance.

Practicou atletismo afeccionado nos clubs Ría de Ferrol e Marineda e fútbol no Orzán S.D.

Obras Relatos Vinte fragmentos de mocidade voraz (2016). Editorial Toxosoutos. 95 páxs. ISBN 978-84-945483-2-1.

O latexar do barrio (2019). Edicións do Peirao. 190 páxs. ISBN 978-8417393830. 18 relatos e un barrio, Monte Alto da Coruña.

Novela O grupo (2021). Medulia Ed. 138 páxs. ISBN 978-84-124173-4-0.

Obras colectivas Versus cianuro, poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013). A. C. Caldeirón. Poesía.

Premios

IX Certame de Narrativa Rosa ReboredoFallo do XXVI Certame de poesía Rosalía de Castro X Premio de Relatos Liceo de NoiaCoñécense os gañadores do X Premio de Relatos Curtos da Sociedade Liceo de Noia XXIII Certame Literario de Piñor 2º Premio no 28º Certame de Narracións Breves Manuel MurguíaDaniel Barral recibe o primeiro premio do certame Manuel Murguía de narrativa 2º Premio no III, V e VI Certame Literario Terras de Chamoso 3º Premio en Relato no Certame Xuventude Crea 2010 2º Premio en Poesía no Certame Xuventude Crea 2013 3º Premio no II Certame de Poesía Manuel María de Poesía Segundo premio no XI Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro en 2022 por Na fendedura interna do lóstrego.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Armando Requeixo fala de O latexar do barrio na Rtvg en 2019 Presentamos "Vinte fragmentos de mocidade voraz" de Tito Pérez Pérez no Sombreiro en Radio Obradoiro, 2016 Tito Pérez no Facebook

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1983 Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Xogadores do Orzán SD