José Ignacio Noguerol y Camba, nado no século XVII, foi un poeta dos Séculos Escuros. É principalmente coñecido pola súa participacións nos xogos florais da Coruña no ano 1707 e a única obra súa da que se ten constancia é o romance Versos gallegos a Nuestras Señora de Reza."A Literatura no Século XVIII: a Ilustración Galega" (2010). HLG AS-PG. page=207|miniatura|El Clarín de la fama y cithara de Apolo con métricos rasgos a las reales fiestas que en el felicissimo nacimiento de... 1708. Nas Festas Minervais O día 25 de agosto do ano 1707, con motivo do nacemento do príncipe Lois Xacobe, leváronse a cabo unhas xustas literarias en Ourense, nas que Noguerol y Camba saíu vitorioso, publicando no ano 1708 o seu romance "Versos gallegos a Nuestra Señora de Reza, por avernos dado un Príncipe en nuestra Reyna y Señora María Gabriela, por un Autor no conocido, ni dado a luz, por mano de D. Joseph Noguerol, su mismíssimo hermano". O obxectivo deste poema era loar a raíña María Luísa de Savoia por dar a luz a un fillo varón que, nun futuro, se convertería no rei Lois I de España. A autoría deste poema con características propias da influencia barroca foi confirmada por Xosé María Álvarez Blázquez. miniatura|page=219|El idioma gallego, su antigüedad y vida, tomo I, de Antonio de la Iglesia, 1886. Segundo Benito Varela Jácome, este romance aparece plasmado no cancioneiro poético de Baltasar Rubio, que recibe o nome de El Clarín de la fama y cithara de Apolo con métricos rasgos a las reales fiestas que en el felicissimo nacimiento… El Clarín de la fama y cithara de Apolo con métricos rasgos a las reales fiestas que en el felicissimo nacimiento… en Galiciana, Biblioteca de Galicia. (1708, Santiago de Compostela), no que se relata este evento, ademais de facer mención dos poetas que participaron nas Festas Minervais. Nesta alusión inclúese o poeta xa mencionado arriba xunto con outras personalidades como Antonio de Ulloa Pardo, Tomás de Losada ou Diego Sarmiento Sotomayor.

Análise do romance Temas tratados Este romance xira en torno a dous temas principais: por un lado, a loanza á Virxe de Reza por axudar a raíña a que esta quedase encinta —recibindo o título co que se honrou a Señora na capital auriense, o de Patroa— e, por outro lado, fai unha crítica aos escribáns alegando que este poema lle pertence a el. Polo tanto, acúsaos de ladróns e preguiceiros por non realizaren ben o seu traballo dado que, ás veces, apuntan mal o que escoitan e iso fai que o poeta perda prestixio. Desta maneira, poderíase dicir que este poema presenta trazos de cantiga de escarnio.

Análise formal Este poema trátase dun romance que, tal e como o seu nome indica, consiste nunha construción poética de arte menor composta principalmente por 10 versos octosílabos por estrofa, aínda que neste caso hai 12 na segunda. A súa rima é asonante nos versos pares e libre nos impares, e o seu esquema varía do tradicional, que sería –a-a-a-a-a-a-a-a-a-a-a.

No referente aos recursos estilísticos, cabe mencionar o posible dobre, propio da literatura medieval, entre os versos décimo segundo, décimo terceiro e os décimo noveno e vixésimo, dada a repetición do adverbio se e a conxunción que. Tamén chama a atención o paralelismo nos versos oitavo, noveno e décimo polo uso da preposición por e diferentes adxectivos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

, Eugenio (1909). La literatura gallega en el siglo XIX p. 143. A Coruña: Librería Regional de Carré .

, Antonio de la. (1886). El idioma gallego, su antigüedad y vida Tomo I. Biblioteca Gallega.

Outros artigos María Luísa de Savoia Lois I de España Séculos Escuros Literatura galega dos Séculos Escuros Ligazóns externas "Versos a nosa Señora de Reza" (1708) Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna, Instituto da Lingua Galega, USC. El Clarín de la fama y cithara de Apolo con métricos rasgos a las reales fiestas que en el felicissimo nacimiento… en Galiciana, Biblioteca de Galicia. Os Séculos Escuros e a Ilustración Galega. "A Literatura no Século XVIII: a Ilustración Galega " HLG. Asociación Socio-Pedagóxica Galega.

Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Séculos Escuros