Os son un equipo profesional xaponés de béisbol con sede en Tokorozawa, Saitama, ao norte de Tokyo. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Pacific League. Antes de 1979, o equipo tiña a súa sede en Fukuoka, na illa de Kyūshū. Entre 1978 e 2008 o logo e a mascota do equipo estaban baseados nunha vesión adulta de Leo (tamén coñecido como Kimba), o protagonista do anime de Osamu Tezuka Jungle Taitei. Con todo, ao contrario que fans, membros do equipo e a prensa, o propio Tezuka afirma que realmente estaba baseado en Panja (tamén coñecido como Caesar), o pai de Kimba. Os Lions xogan os seus partidos como local no MetLife Dome, estadio con capacidade para 33.556 espectadores.
O equipo é propopiedade dunha filial de Prince Hotels, a cal á súa vez é propiedade do Grupo Seibu. O equipo experimentou nos últimos tempos un período de dificultades financeiras, máis a situación foi solucionado cando en 2006 o equipo recibiu 6.000 millóns de iens (uns 51,11 millóns de dólares) polo traspaso de Daisuke Matsuzaka aos Boston Red Sox da Major League Baseball (MLB). Antes, en 2004, o ex xogador dos Seibu Lions Kazuo Matsui foi o primeiro xogador xaponés en xogar nas Ligas Maiores desde a posición de infielder.
Historia A franquía foi fundada en 1950 co nome de Nishitetsu Clippers, sendo un dos equipos fundadores da Liga do Pacífico. O equipo era propiedade da compañía de ferrocarrís Nishinippon con sede en Fukuoka. No seu primeiro ano o equipo acaba no sexto e último posto da liga. Ao finalizar a temporada fusionaronse cos Nishinippon Pirates para formar os Nishitetsu Lions. Durante toda a súa existencia co nome de Nishitetsu Lions, a franquía xogou sempre no Estadio Heiwadai. Foron un dos primeiros equipos dominadores da liga, gañando baixo as ordes do adestrador Osamu Mihara catro títulos do Pacífico e tres Series do Xapón consecutivas ante os Yomiuri Giants: 1956, 1957 e 1958.
Durante a seguinte década o equipo decaeu e non conseguiu repitir éxitos. Entre as temporadas 1969 e 1970 o equipo viuse envolto no escándalo da , polo que catro pitchers dos Lions (Masaaki Ikenaga, Akio Masuda, Masayuki Nagayasu e Yoshinobu Yoda) foron expulsados de por vida da NPB por acusacións de arranxo de xogos. Outros xogadores do equipo foron tamén condenados, máis con castigos menos severos. A perda dos xogadors decimou ao equipo que acabou a temporada de 1970 en último lugar. As dúas seguintes temporadas finalizaron co mesmo resultado. En 1972 a franquía foi vendida á Corporación de Béisbol de Fukuoka, porén, esta era parte da propia Nishinippon. Despois da venda, o equipo pasou a chamarse até 1976 Taiheiyō Club Lions, unha empresa de resorts e campos de golf. Ao ano seguinte o club volve cambiar de patrocinador, Crown Gas Lighter, e o equipo mude de novo de nome, esta vez a Crown Lighter Lions. Con todo, a nivel deportivo, as actuacións non melloraron.
Tras finalizar a temporada de 1978, o equipo foi vendido a Kokudo Keikaku, para despois fusionarse con Prince Hotels. Así, o equipo foi bautizado como Seibu Lions e viu a súa sede trasladada a un novo estadio, o Seibu Dome en Tokorozawa, Saitama. Os novos propietarios realizaron importantes investimentos e, a partir de 1982, co novo adestrador Tatsuro Hirooka e varios xogadores como Osamu Higashio ou Koichi Tabuchi, comezou a chamada "Época Dourada" do equipo. Os Lions foron durante os anos 1980 os dominadores da Liga do Pacífico, conseguindo gañar cinco Series do Xapón (1982 a 1983 e 1986 a 1988). A mediados da década, baixo as ordes de Masaaki Mori, os Lions mantiveron o bloque e continuaron coa senda de vitorias cun forte bloque de xogadores. Mori logrou oito títulos de Liga e seis Series do Xapón (1986 a 1988 e 1990 a 1992) no seus nove anos de carreira como adestrador. A franquía foi coñecida durante os anos 1980 e 1990 como o "invencible Seibu" debido aos seus éxitos.
Durante os anos 2000, e a pesar dos bos resultados da franquía, os Lions atravesaron problemas económicos que levaron a pensar nunha venda do equipo ou mesmo o seu posible traslado a Hokkaido. Mais a situación logrou solucionarse coa venda do pitcher Daisuke Matsuzaka aos Boston Red Sox por 6 millóns de dólares. A nivel derpotivo, o equipo consegue gañar no anos 2000 as Series do Xapón de 2004 ante Chunichi Dragons e as de 2008 ante os Yomiuri Giants. No 2009 o equipo muda por completo a súa imaxe corporativa, e o seu escudo pasa a ser unha pelota de béisbol agarrada pola garra dun león. Até ese ano, o escudo do club estaba baseado na versión adulta de Leo (tamén coñecido como Kimba), o protagonista do anime de Osamu Tezuka Jungle Taitei. Con todo, ao contrario que fans, membros do equipo e a prensa, o propio Tezuka afirma que realmente estaba baseado en Panja (tamén coñecido como Caesar), o pai de Kimba.
Nomes Ao longo dos anos o equipo tivo diferentes nomes: Nishitetsu Clippers (1950) Nishitetsu Lions (1951−1972) Taiheiyo Club Lions (1973−1976) Crown Lighter Lions (1977−1978) Seibu Lions (1979−2007) Saitama Seibu Lions (2008−presente)
Estadio
thumb|O Seibu Dome. Actualmente, os Orix Buffaloes xogan os seus encontros como local no Seibu Dome, coñecido por motivos de patrocinio como MetLife Dome. O estadio, inaugurado o 14 de abril de 1979, ten capacidade para 33.556 espectadores. O estadio está cuberto por unha cúpula ao igual que outros moitos estadios do Xapón, mais dispón dunha separación entre a mesma e as bancadas para que o aire circule polo recinto. Isto fai posíbel que os home runs poidan saír do estadio, algo que non se pode nos estadios totalmente cubertos. É, xunto o T-Mobile Park de Seattle, Washington (Estados Unidos), o único estadio de béisbol do mundo con esa característica. Ao longo dos anos os Saitama Seibu Lions teñen utilizado os seguintes estadios: EstadioLocalizaciónPrefecturaCapacidade Período Kasugabaru Kyūjō Kasuga border|20px|Fukuoka Fukuoka – 1950 Heiwadai Yakyūjō Fukuoka border|20px|Fukuoka Fukuoka 34.000 1951 1978 Seibu Dome Tokorozawa border|20px|Saitama Saitama 33.556 1979 −
Xogadores Dorsais retirados thumb|Kazuo Matsui. Dorsais retirados polos Saitama Seibu LionsNºXogadorPosiciónPeríodo 24 Kazuhisa Inao Pitcher 1956–1969
Dorsais honrados NºXogadorPosiciónPeríodo 3 Hiroshi Ōshita Outfielder 1952–1959 6 Futoshi Nakanishi Infielder 1952–1969 89 Shinji Mori Pitcher 1997–2005
Xogadores MLB PaísXogadorPosiciónTemporadas no equipo Kazuhisa Ishii Pitcher 2008–2013 Yusei Kikuchi Pitcher 2010–2018 Kazuo Matsui Segunda base 1995–2003, 2018 Daisuke Matsuzaka Pitcher 1999–2006 Shinji Mori Pitcher 1997–2005
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Saitama Seibu Lions Categoría:Equipos da NPB Categoría:Equipos de béisbol do Xapón