miniatura|240px|Corvinella melanoleuca = Urolestes melanoleucus Corvinella é un xénero de aves da orde dos paseriformes, infraorde dos Corvida, suborde dos oscines, unha das catro que integran a familia dos lánidos.
O xénero conta, segundo moitos autores, con tan só dúas especies descritas,Corvinella Lesson, 1831 no ITIS. (aínda que unha delas na actualidade de clasifica noutro xénero, Urolestes, como Urolestes melanoleucus) que se distribúen pola África subsahariana, que habitan nas sabanas máis abertas, e en bosques [`trópico|tropicais]], onde se as pode ver pousadas ergueitas na copa das árbores ou en cabos de teléfono.
Características Son picanzos moi grandes, e coas colas moi longas. Nas dúas especies, ambos os sexos son moi parecidos, aínda que diferenciábeis. Ao contrario que os picanzos do xénero Lanius son aves gregarias.
Desde os seus pousadoiros lánzanse sobre as súas presas, cazándoas ás veces en voo, pero principalmente no solo. Aliméntanse sobre todo de insectos grandes, aínda que tamén de pequenos paxaros, réptiles e mamíferos.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1831 polo cirurxián, botánico, ornitólogo e naturalista francés René Primevère Lesson, na páxina 373 do tomo I da súa obra Traité d'ornithologie, ou, Tableau méthodique des ordres, sous-ordres, familles, tribus, genres, sous-genres et races d'oiseaux: ouvrage entièrement neuf, formant le catalogue le plus complet des espèces réunies dans les collections publiques de la France.
Clasificación Como quedou dito, o xénero comprende dúas especies, coas subespecies que se indican: Corvinella Lesson, 1831 Corvinella corvina (Shaw, 1809) Corvinella corvina affinis Hartlaub, 1857 Corvinella corvina caliginosa Friedmann & Bowen, 1933 Corvinella corvina corvina (Shaw, 1809) Corvinella corvina togoensis Neumann, 1900 Corvinella melanoleuca (Jardine, 1831)
Nota: a segunda destas especies hoxe é clasificada por moitos autores como Urolestes melanoleucus (Jardine, 1831),Urolestes melanoleucus (Jardine, 1831) no ITIS, polo que o xénero Corvinella resultaría ser un taxon monotípico.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Harris, Tony (2000): Shrikes and Bush-Shrikes. Princeton, Nova Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 0-6910-7036-9. Lefranc, Norbert (1997): Shrikes: A Guide to the Shrikes of the World. New Haven, Connecticut, USA: Yale University Press. ISBN 0-3000-7336-4. Lefranc, Norbert & Tim Worfolk (2103): Shrikes Londres, UK: A & C Black. ISBN 978-1-4081-8756-2.
Outros artigos Paseriformes Corvida Corvoideos Lánidos Urolestes
Ligazóns externas Corvinella Leson, 1831 na EOL.
Categoría:Lánidos Categoría:Aves de África