Katherine Louise Bouman, nada en West Lafayette o 9 de maio de 1989 é unha profesora de ciencias da computación no Instituto Tecnolóxico de California. Investiga métodos computacionais para imaxes e liderou a primeira visualización dun burato negro utilizando o proxecto Event Horizon Telescope.
Traxectoria Bouman ouviu falar por primeira vez sobre o proxecto Event Horizon Telescope cando era estudante de secundaria en West Lafayette, Indiana.
Estudou enxeñaría eléctrica na Universidade de Míchigan e graduouse Cum laude. Obtivo unha mestría en enxeñaría eléctrica no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, onde tamén completou o seu doutoramento.
Bouman foi membro do MIT Haystack Observatory. Foi apoiada por unha bolsa de posgrao da Fundación Nacional de Ciencias.
A súa tese de mestría Estimating Material Properties of Fabric through the observation of Motion foi galardoada co Premio Ernst Guillemin á mellor tese de mestría.
Uniuse á Universidade de Harvard como bolseira postdoutoral no equipo Event Horizon Telescope Imaging.
En 2017, impartiu unha charla TED: Como tomar unha fotografía dun buraco negro.
Carreira profesional miniatura|250px|Primeira fotografía dun burato negro supermasivo tomada polo Telescopio Event Horizon. Bouman ingresou no Instituto de Tecnoloxía de California como profesora asistente en 2019. As súas investigacións versan sobre novos sistemas para imaxes computacionais.
En abril de 2019 foi responsable das primeiras imaxes dun burato negro, achegando apoio computacional para aprender sobre a relatividade xeral no réxime de campo forte. Teorizou que os buratos negros deixan unha sombra de fondo de gas quente.
A fotografía foi obtida a partir dunha rede de oito telescopios situados en distintos puntos do mundo, participando ESO, ALMA e APEX, con ondas de radio que lles permitiron atravesar o po galáctico, e complementada cun algoritmo que foi creado por Bouman.
Notas
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Alumnos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Categoría:Nados en Indiana