Roger Farrant Bland, nado en Londres o 3 de abril de 1955, é un numismático e museólogo británico vinculado ao Museo Británico."Bland, Dr Roger Farrant". En Who's Who & Who Was Who.

Traxectoria Roger Bland é fillo de David Ferrant Bland e Mary Elmore Bland, e casou en 1987 con Lucilla Mary Burn.

Bland realizou os seus estudos universitarios no King's College da Universidade de Londres, onde se graduou en Estudos Clásicos en 1978. Na mesma universidade acadou o grao de doutor en 1991 cunha tese titulada The Coinage of Gordian III from the mints of Antioch and Caesarea.Currículo de Roger Bland. En Academia.

O ano seguinte á súa graduación, en 1979, ingresou no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, ao que estivo vinculado ata 2005. A partir dese ano pasou a ocupar o posto de conservador en diversos departamentos do museo: Departamento de Antigüidades Portátiles e Tesouro (2005-2012), Departamento de Prehistoria e Europa (2012-2013) e Departamento de Gran Bretaña, Europa e Prehistoria (2013-2015).

A partir de 2015, exerceu tamén como profesor visitante da Universidade de Leicester e membro do Instituto McDonald para a Investigación Arqueolóxica, da Universidade de Cambridge.

Ao longo da súa vida académica exerceu ademais diversos cargos directivos en varias entidades numismáticas e arqueolóxicas, como membro do consello da Sociedade de Anticuarios de Londres, vicepresidente da Real Sociedade de Numismática ou presidente da Sociedade Británica de Numismática.

Recoñecementos

1979: Premio Barcclay Head de Numismática Antiga, da Universidade de Oxford. 1983 e 1989: Premio Gilljam, da Royal Numismatic Society."The Gilljam Prize for Third-Century Numismatics". The Royal Numismatic Society. 1993: Académico da Sociedade de Anticuarios de Londres."Fellows Directory: Bland". Society of Antiquaries of London. 2008: Oficial da Orde do Imperio Británico."Nº. 58729". The London Gazette (suplemento). 14 de xuño de 2008. Páxinas 8-9. 2011: Premio Allier de Hauteroche, da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. 2012: Jeton de Vermeil, da Société Française de Numismatique."Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN). 2014: Medalla da Royal Numismatic Society."The Society’s Medal". The Royal Numismatic Society. 2016: Medalla Presidencial da Academia Británica."British Academy announces 2016 prizes and medal winners". The British Academy. 2017: Medalla Huntington da American Numismatic Society."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society."Dr. Bland Receives 2017 Huntington Award ". American Numismatic Society."2017 Archer M. Huntington Award for Roger Bland". Coins Weekly. 28 de setembro de 2017.

Escolma de publicacións

(1982): Coin hoards from Roman Britain: The Blackmoor hoard. Con R. Carson. British Museum. ISBN 978-0861590339 (1983). The Cunetio treasure: Roman coinage of the third century A.D. Con E. Besly. British Museum. ISBN 978-0-7141-0857-5. (1988): The Normanby Hoard and Other Roman Coin Hoards. Con A. Burnett. British Museum. ISBN 9780714108704 (1992): The Chalfont hoard and other Roman coin hoards. British Museum. ISBN 9780714108759 (1993): The Hoxne Treasure: An Illustrated Introduction. Con C. Johns. British Museum. ISBN 978-0-7141-2301-1. (2010). The Frome Hoard. Con S. Moorhead; A. Booth. British Museum. ISBN 978-0-7141-2334-9 (2010). Roman and Early Byzantine Gold Coins Found in Britain and Ireland: With an Appendix of New Finds from Gaul. Con X. Loriot. Royal Numismatic Society. Special Publications, 46. ISBN 978-0-901405-59-3. (2014). The Staffordshire Hoard. Con K. Leahy. British Museum. ISBN 978-0-7141-2342-4.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico

Categoría:Nados en 1955 Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Presidentes da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados co Jeton de Vermeil Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Alumnos do King's College de Londres Categoría:Profesores da Universidade de Cambridge Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres Categoría:Historiadores do Reino Unido Categoría:Escritores do Reino Unido