miniatura|240px|Arriba, área de distribución de E. ruppelli miniatura|240px|Pousado nunha póla.

Eurocephalus ruppelli é unha especie de ave da orde dos paseriformes, infraorde dos Corvida, suborde dos oscines e familia dos lánidos, unha das dúas integradas no xénero Eurocephalus.

É un picanzo que se distribúe pola África oriental.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1853 polo naturalista, político e ornitólogo francés Charles Lucien Bonaparte,Eurocephalus ruppelli Bonaparte, 1853 no ITIS. na páxina 440 da súa obra Revue et magasin de zoologie pure et appliquée.Eurocephalus ruppelli Bonaparte, 1853 en AviBase.

Etimoloxía Para a do xénero, ver Eurocephalus.

O epíteto específico foi unha homenaxe coa que Bonaparte honrou ao naturalista alemán Eduard Rüppell.

Subespecies Tense descrito varias subespecies, baseadas en que existe unha ampia variación individual na plumaxe, e que os espécimes do norte da súa área de distribución son máis grandes que os do sur, pero a maioría dos autores consideran que é unha especie monotípica.

Hábitat e distribución Hábitat Eurocephalus ruppelli vive en rexións secas e abertas con arbustos, áreas semidesérticas e bosques abertos con acacias, até altitudes de 1 600 m.

Distribución Distribúese pola África oriental, desde o sur de Etiopía e o sueste do Sudán do Sur até Tanzania, encontrándose, ademais dos países citados, en Kenya, Somalia e Uganda.(Véxase o mapa á dereita).

Características Esta especie mide entre 19 e 23 cm de lonxitude (é algo menor que o seu parente próximo Eurocephalus anguitimens), ten a coroa (a parte superior da cabeza de cor branca pura).As ás son apardazadas e a cola, relativamente longa, parda escura.A garganta e a peituga son brancas, os flancos apardazados e as partes inferiores do corpo, abrancazadas. Ambos os sexos son similares, pero os xuvenís teñaen a coroa marrón, os flancos brancos e a peituga gris. O seu voo é semellante ao dun papagaio.

Costumes Eurocephalus ruppelli, como o seu parente E. anguitimens, é gregario, e forma grupos de até 12 espécimes. Caza lazándose desde un pousadoiro alto, alimentándose principalmente de grandes insectos, usualmente apañados no solo, e tamén se alimenta nas costas de mamíferos grandes, como fan os búfagos ou picabois, que comen os seus parasitos e, ocasionalmente, consome froitos caídos no solo.

O seu niño, en forma de copa, de paredes grosas, está feito de teas de araña e herbaa, e colócano nunha galla dunha árbore, en posición horizontal, a unha altura de 4 a 6 m sobre o solo. As femia poñe nel de dous a catro ovos de casca branca o lila, con manchas gries, purpúreas o pardas. É probábel que ocorra a denominada cría cooperativa, dados os hábitos gregarios desta especie e a cría cooperativa coñecida de Eurocephalus anguitimens.

Status Eurocephalus ruppelli ten unha área de dispersión moi ampla, e é moi común nalgúns lugares (aínda que raro noutros). Non se recoñecen ameazas particulares, e a súa poboación parece estábel. Por estas razóns, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) avaliou o seu estado de conservación como LC (pouco preocupante).BirdLife International (2016): Eurocephalus ruppelli na Lista vermella da UICN. Versión 2019-1. Consultada o 12 de abril de 2019.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A., Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Barcelona / Cambridge, UK: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-398-9. Harris, Tony & Franklin, Kim (2000): Shrikes and bush-shrikes. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-3861-5. Lefranc, Norbert (1997): Shrikes: A Guide to the Shrikes of the World. New Haven, Connecticut, USA: Yale University Press. ISBN 0-3000-7336-4. Lefranc, Norbert & Tim Worfolk (2013): Shrikes Londres, Reino Unido: A & C Black. ISBN 978-1-4081-8756-2.

Outros artigos Paseriformes Corvida Corvoideos Picanzos Eurocephalus

Ligazóns externas White Rumped Shrike. Eurocephalus ruppelli Bonaparte 1853 na EOL. Eurocephalus ruppelli Bonaparte, 1853 en AviBase.

Categoría:Lánidos Categoría:Aves de África