Chan pegañentohttps://www.genderportal.eu/sites/default/files/resource_pool/Glosario.pdf é unha metáfora empregada para explicar factores de suxeición das persoas á base da pirámide económica. É usada con frecuencia para explicar os factores que lastran as mulleres.

Este concepto de “chan pegañento” (sticky floor), emprégase para tentar explicar a realidade laboral de gran parte da man de obra feminina. Este lema faise eco dos factores que describen a baixa calidade do emprego feminino, así como o maior índice de rotación laboral que afecta ás peor situadas. Son as mulleres quen protagoniza o tempo parcial e a temporalidade e adoitan concentrarse en sectores de actividade e ocupacións vinculadas a tarefas de limpeza e coidados e atencións persoais. Empregos onde se dan as peores condicións laborais e os máis baixos salarios, e nos que o “teito de cristal” non adoita constituír dificultade algunha.

A persistencia dos estereotipos de xénero, a pesar da transformación do mundo do traballo, mantén separados a homes e mulleres en espazos paralelos, que asignan mellor remuneración e status en función da pertenza aos chanzos máis altos da economía produtiva e castigan ás responsabilizadas do ámbito doméstico. O mercado de traballo como elemento emancipador segue sendo un espazo maioritariamente vedado a millóns de mulleres activas do país, que seguen confinadas en sectores de menor cualificación, remuneración e escaso valor engadido.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Teito de cristal Ligazóns Charla It's Not a Glass Ceiling, It's a Sticky Floor de Rebecca Shambaugh rn TEDxRockCreekPark

Categoría:Conceptos feministas Categoría:Igualdade