A cidade metropolitana de Reggio de Calabria (en italiano città metropolitana di Reggio Calabria) é unha das 14 cidades metropolitanas de Italia, situada na rexión da Calabria.

Xeografía miniatura|235x235px|A cidade metropolitana, dentro da rexión.|esquerda Ocupa unha superficie de 3 183 km², e a súa poboación, segundo o censo do 31 de agosto de 2018, era de 549 505 habitantes,, polo que a súa densidade de poboación nesa data era de 172,64 hab./km².

A cidade metropolitana engloba 97 municipios (comune).

Historia O establecemento da cidade metropolitana de Reggio de Calabria tivo lugar o 31 de xaneiro de 2016, ao finalizar o mandato do presidente da provincia de Reggio de Calabria, Giuseppe Raffa, despois dun "semestre branco" durante o cal se produciu a transición da provincia á cidade metropolitana.

O 7 de agosto de 2016 celebráronse eleccións de segundo nivel (indirectas) para elixir o primeiro Consello metropolitano. O cargo de alcalde metropolitano (sindaco metropolitano) foi cuberto por Giuseppe Falcomatà, alcalde (sindaco) de Reggio de Calabria.

Galería

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cidades metropolitanas de Italia Provincia de Reggio de Calabria

Ligazóns externas Páxina web oficial .

Categoría:Subdivisións de Italia