Lorena Gil Álvarez, nada en Xixón en 1975, é unha política asturiana.
Traxectoria Licenciouse en filoloxía inglesa na Universidade de Oviedo en 1997 e logo realizou a licenciatura ciencias políticas na UNED que completou en 2011. Traballou na Oficina Económica e Comercial de España en Düsseldorf e no Instituto de Comercio Exterior en Madrid para pasar despois á empresa privada, salientando o seu traballo na área de recursos humanos en DuPont. Militante de Podemos, foi na candidatura desa formación nas eleccións autonómicas de Asturias de 2015 e logrou un escano na Xunta Xeral. Nas eleccións autonómicas de 2019 foi a candidata á presidencia do Principado de Asturias."Lorena Gil será la cabeza de lista de Podemos en las elecciones autonómicas". La Nueva España, 28/11/2011 . Notas
Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Xixón Categoría:Deputados da Xunta Xeral do Principado de Asturias Categoría:Políticos de Podemos Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia