Alicia Miyares Fernández, nada en Les Arriondes (Parres, Asturias) o 30 de abril de 1963, é unha filósofa e escritora feminista destacada polos seus traballos sobre igualdade e política, educación e dereitos de cidadanía. Doutora en Filosofía pola Universidade de Oviedo, na actualidade é profesora do Instituto Humanejos de Parla (Madrid) e profesora colaboradora na Universidade de Oviedo.
Traxectoria Nada en Les Arriondes, estudou Filosofía e Letras na Universidade de Oviedo. Licenciouse en 1986 e doutorouse en 1990 cunha tese sobre La filosofía de Nietzsche, dirixida por Amelia Valcárcel.
De 1993 a 1995, foi xefa de gabinete da Consellería de Educación e Cultura do Goberno de Asturias con Amelia Valcarcel á fronte da consellería.
En 2006 trasladou a súa residencia a Madrid e incorporouse como conselleira técnica á Unidade de Igualdade "Muller e Ciencia" do Ministerio de Educación e Ciencia (2006-2008).
De 2008 a 2011 foi asesora do gabinete da vicepresidenta primeira do Goberno (2008-2011) con María Teresa Fernández de la Vega.
Dende 2012 é xefa do Departamento de Filosofía e profesora do Instituto Humanejos de Parla (Madrid).
Tamén é integrante do Consello Reitor do Instituto Asturiano da Muller e secretaria da Asociación Española de Filosofía María Zambrano.
Notas
Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Parres Categoría:Feministas de Asturias Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo