A praza maior de Ourense é un espazo situado no casco histórico da cidade de Ourense. O chan está inclinado cara ao lado do concello.
Historia miniatura|Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Antigamente coñecida como Praza do Campo, creouse no século XII pero non foi ata os séculos XVI e XVII cando comezou a cobrar importancia na cidade, coa reforma urbana en Ourense, coa construción de novas vivendas, hospitais, empedrado das rúas, novos edificios públicos como a Casa Consistorial (levantada a comezos do século XVI e reformada a finais do século XVII) e a ermida dos Santos Cosme e Damián onde se situaba a escola de primeiras letras.
Obras arquitectónicas da praza Nesta praza están algunhas das principais obras romanas da cidade. No lateral que non está ocupado por soportais atópase a fachada da Casa Consistorial (Casa do Concello), obra de José Antonio Queralt Rauret, a finais do século XIX. Ten unha fachada clasicista, cun baixo cun pórtico, balcón no primeiro andar e remate con brasón que é unha representación gráfica con forma de escudo, neste caso o da cidade e remata cunha pequena torre do reloxo.
Ao lado está o antigo palacio episcopal, que agora é o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. É o edificio de estilo románico máis completo da cidade, a súa estrutura ten elementos románicos, góticos, renacentistas, barrocos e modernos. Comezouse a construír no século XII e foi moi relevante na organización urbana do Ourense medieval. miniatura|Casa Fermín García Os outros tres laterais contan con soportais e forman o “Espolón” que é como se coñece o antigo paseo da nobreza, para o faladoiro. Sobre isto hai vivendas dos séculos XVII e XIX, entre elas a casa de Fermín García, deseño de Daniel Vázquez Gulías, arquitecto que contribuíu ao urbanismo e a transformación da cidade, mediante os encargos da burguesía da época. Hoxe é un espazo de exposición, adornado cun toque de modernismo.
Antigamente realizábase cada ano a feira de San Martiño, que duraba do 1 ao 15 de novembro. Os mercaderes expuñan os seus produtos nos soportais da praza.
Véxase tamén
Ligazóns externas turismodeourense.gal Concello de Ourense.
Categoría:Ourense Categoría:Prazas de Ourense