Czesław Kozon, nado o 17 de novembro de 1951 en Idestrup (Falster, Dinamarca), é un eclesiástico católico latino, dende 1995 bispo de Copenhague. Traxectoria Naceu nunha familia de orixe polaca o 17 de novembro de 1951 en Idestrup, na illa de Falster. O 6 de xaneiro de 1979 foi ordenado sacerdote.
O 22 de marzo de 1995 foi nomeado bispo de Copenhague. Recibiu a consagración episcopal o 7 de maio de mans do seu predecesor Hans Ludvig Martensen, e tivo como co-consagrantes ao bispo de Helsinqui Paul Verschuren e ao bispo auxiliar de Łomża Edward Samsel.
Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados na rexión de Selandia Categoría:Bispos católicos de Dinamarca