Máximo de Tiro (Μάξιμος Τύριος), nado en Tiro na segunda metade do século II e finado en 180, foi un filósofo grego pertencente ao platonismo medio, á vez que Eudoro de Alexandría, Plutarco de Queronea, Albino, Apuleio, Ático e Celso.
Traxectoria Viaxeiro incansábel, chegaría a residir en Roma en tempos de Cómodo. Contribuíu deste xeito a divulgar o platonismo.
Establece con especial énfase, dun modo similar a Celso, a transcendencia absoluta de Deus e o divino, así como a referencia do mal á materia, non admitindo que o corpóreo sexa obra da divindade. Para salvar a equidistancia entre ambos os extremos, Deus e home, chegará a admitir a existencia de deuses inferiores ou anxos e demos, seres intermedios e intermediarios entre o humano e o divino.
Máximo fala da visión do Deus transcendente:Con referencia a Deus, os anxos son os seus ministros e auxiliares respecto ao home:Consérvanse corenta e uns discursos ou disertacións. Do mesmo xeito que os retóricos, emprega múltiples lugares comúns
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas A orixe da filosofía en Grecia: do pensamento mítico ao pensamento racional, dos presocráticos a Aristóteles. Texto no sitio Liceus.
Pierre Alexis Pierron: Histoire de la littérature grecque, 1850. Entrada de «Máximo de Tiro» (Maxime de Tyr). Texto francés no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011): ed. de Hachette, 1875.
Máximo de Tiro: Disertacións. Texto francés no sitio de Philippe Remacle; trad. de Jean-Isaac Combes-Dounous (1758 - 1820). Ed. Bossange, Masson et Besson. París, 1802. Tomo 1: arquivo en PDF. Martin Bossange (1765 - 1865); Joseph-René Masson.
Outros artigos
Platonismo
Categoría:Filósofos da Grecia antiga Categoría:Finados en 180 Categoría:Nados en Tiro Categoría:Nados no século II