Filetas de Cos, nado en Cos c. -340 e finado c. -285Spanoudakis Filetas, p. 23, foi un poeta e filólogo grego, o primeiro da escola filolóxica alexandrinaSpanoudakis Filetas, p. 24. Traxectoria Foi escollido por Ptolomeo I como instrutor do seu fillo do mesmo nome, nado o -308. Compuxo elexías, breves poemas épicos e epigramas. Teócrito e Calímaco enxalzárono e tivéronlle en grande aprecioA.W. Bulloch La poesía helenística, p. 5. Tivo por discípulos a Zenódoto de Éfeso e a Hermesianacte de Colofón. Algúns atribúenlle algúns poemas con formas de obxectos, pero o certo é que foi un dos primeiros en aspirar á brevidade e á condensación. Como filólogo estudou a lingua de Homero e compuxo unha miscelánea que compilaba e explicaba expresións dialectais inusitadas, termos técnicos e arcaísmos empregados na Iliada e a Odisea que xa na súa época aparecían como inintelixíbeis. Estas Glosas foron o comezo da erudición crítica alexandrina, da escola filolóxica alexandrina, que tería continuación en Antímaco de Colofón, Zenódoto de Éfeso, Calímaco, Eratóstenes, Aristófanes de Bizancio e Aristarco de Samotracia. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas ligazón=|alt=|20x20px Wikimedia Commons alberga unha categoría multimedia sobre Filetas.
Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Nados na periferia do Exeo meridional Categoría:Filólogos Categoría:Nados no século -IV Categoría:Finados no século -III