Carlos Andrés Alvarado Quesada, nado en San Xosé o 14 de xaneiro de 1980, é un escritor, xornalista, politicólogo e político costarriqueño. Ocupou o cargo de presidente da República de Costa Rica entre 2018 e 2022, polo Partido Acción Ciudadana.

Alvarado é bacharel en comunicación, mestrado en ciencias políticas pola Universidade de Costa Rica e mestrado en estudos do desenvolvemento pola Universidade de Sussex.

Traxectoria Naceu o 14 de xaneiro de 1980 en San Xosé, no seo dunha familia de clase media composta polos seus pais Alejandro Alvarado Induni (enxeñeiro) e Adelia Quesada Alvarado; e polos seus irmáns Federico e Irene. Cursa a primaria na Escola Anglo-Americana e a secundaria no Colexio Saint Francis; posteriormente ingresa na Universidade de Costa Rica onde se gradúa como bacharel en Ciencias da Comunicación Colectiva, logo obtén unha mestría en ciencias políticas, e en 2008 incorpórase á Universidade de Sussex (Inglaterra) onde obtén unha mestría en estudos para o desenvolvemento. Contrae matrimonio en 2010 con Claudia Dobles Camargo, con quen tivo unha filla nada en 2013. Actualmente habita en Santa Ana.

Notas

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Costa Rica Categoría:Presidentes de Costa Rica