Manuel Méndez Domínguez, nado en Ourense o 1 de xaneiro de 1903 e finado na mesma cidade o 1 de decembro de 1997, foi un avogado e debuxante galego.
Traxectoria
Fillo de José Méndez Novoa e Angustias Domínguez García. Debuxante, foi alumno de Castelao no Instituto de Pontevedra, con que logo colaborou como ilustrador. Colaborou en Alborada, Nós, La Zarpa, Alfar e Parábola (Burgos). Amigo de Luís Amado Carballo, foi o autor de varias portadas para libros seus, como O Galo e Proel, e tamén publicou unha caricatura súa no primeiro número de Vida Céltiga. Tamén deseñou as portadas de O Cabaleiro do Sant-Grial de Ramón Cabanillas e Orto de Francisco Luís Bernárdez. Realizou dúas exposicións: no Salón de la Oliva de Vigo (decembro de 1922) e no Ateneo de Palencia (decembro de 1925). Logo da guerra abandonou a ilustración, dedicouse á avogacía e foi decano do colexio de avogados de Ourense. Foi protagonista da mostra que dedicou ao movemento ultraista o Instituto Valenciano de Arte Moderno en 1996. Finou en Ourense o 1 de decembro de 1997.1 de diciembre de 1997 - Muere el pintor y abogado Manuel Méndez Vida persoal
Casou en Madrid con Rosario Esteban R. Monje en 1928.ABC, 11-10-1928, p. 26.
Galería
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Méndez, 1903-1999
Categoría:Avogados de Ourense Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1997