Jesús Carlos del Río López, nado en 1967 en Cedeira, é un político e sindicalista galego.
Traxectoria Traballador de Correos, foi responsable comarcal do sector de Correos da bisbarra de Ferrol e membro do Consello Confederal da CIG. . Membro de Podemos, no Nadal de 2014 optou á secretaría local de Podemos Ferrol na lista Xuntos Podemos, mais a formación anulou as eleccións sen dar a coñecer os resultados"Podemos paraliza el proceso en Ferrol por presuntas irregularidades en las votaciones". La Voz de Galicia, 3 de xaneiro de 2015 con acusacións de fraude. En marzo de 2015 foi un dos fundadores de Ferrol en Común"Ferrol en Común se presenta como un partido de izquierdas y rupturista". La Voz de Galicia, 23 de marzo de 2015. e o seu presidente. Crítico coa dirección estatal de Podemos, foi o voceiro estatal de Bases Podemos"Carlos del Río: "É un erro levar Podemos na papeleta, é unha marca que tira á baixa" . Sermos Galiza, 15 de outubro de 2015. mais en novembro de 2016 deuse de baixa en Podemos"Carlos del Río, voceiro dos inscritos de Podemos en Ferrol, abandona o partido e arremete contra o seu funcionamento" . Galicia Confidencial, 11 de novembro de 2016.. En febreiro de 2018, aínda sendo presidente de Ferrol en Común, anunciou publicamente as súas discrepancias coa formación e que se ía presentar ás eleccións con outra formación "El presidente de Ferrol en Común espera presentarse a las elecciones bajo las siglas de “Actúa”" . Diario de Ferrol, 17 de febreiro de 2018. e en xuño dese foi un dos fundadores de Xuntos Actúa"As mareas municipalistas acusan Villares de impulsar unha escisión da 'unidade popular' en Ferrol" . Sermos Galiza, 1 de xullo de 2018., ligada á formación estatal Actúa, e pola que se presentou como candidato á alcaldía de Ferrol nas eleccións municipais de 2019.
Notas
Categoría:Nados en Cedeira Categoría:Nados en 1967 Categoría:Sindicalistas da CIG Categoría:Políticos de Podemos Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes