Jorge Juan Álvarez Castrillón, nado o 13 de xullo de 1975 en Ferrol, é un autónomo e político galego.

Traxectoria Estudou enxeñería técnica agrícola na Universidade de Santiago de Compostela e traballa como consultor pericial. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2005 presentouse como número dous pola provincia da Coruña na lista do Partido de los Autónomos y Profesionales. Foi membro da executiva de Vía Centrum Partido Demócrata e candidato á presidencia da Xunta nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 pola coalición Cidadáns-Centrum."O enxeñeiro Jorge Álvarez Castrillón, candidato da coalición Cidadáns-Centrum para as eleccións galegas" . Galicia Hoxe, 20 de agosto de 2016. Tras a integración da súa formación en Coalición de Centro Democrático foi o candidato de Centristas-CCD á alcaldía de Ferrol nas eleccións municipais de 2019. para as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 preséntase polo Partido de los Autónomos y Profesionales

Notas

Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1975 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes