miniatura|250px|Observatorio de Ulugh Beg Mīrzā Muhammad Tāraghay bin Shāhrukh (en chagatay میرزا محمد طارق بن شاہ رخ, en ), máis coñecido como Ulugh Beg (الغ‌ بیگ), nado en Soltaniyeh o 22 de marzo de 1394 e finado en Samarcanda o 27 de outubro de 1449 foi un sultán timúrida, ademais de astrónomo e matemático.

Ulugh Beg destacou polo seu traballo nas matemáticas relacionadas coa astronomía, como a trigonometría e a xeometría esférica, ademais de polos seus intereses xerais nas artes e en actividades intelectuais.Science in Islamic civilisation: proceedings of the international symposia: "Science institutions in Islamic civilisation", & "Science and technology in the Turkish and Islamic world" Crese que falaba cinco linguas: árabe, persa, túrquico, mongol e algo de mandarín. Durante o seu goberno o imperio timúrida acadou o seu cumio cultural grazas á súa atención e padroado. Samarcanda, que foi capturada e entregada a Ulugh Beg polo seu pai Shah Rukh, converteuse no centro da cultura musulmá.

Construíu o gran observatorio de Ulugh Beg en Samarcanda entre 1424 e 1429. Foi considerado polos estudos como un dos mellores observatorios do mundo islámico do seu tempo e o maior de Asia central.Science in Islamic civilisation: proceedings of the international symposia: "Science institutions in Islamic civilisation", & "Science and technology in the Turkish and Islamic world" Ulugh Beg foi considerado como o astrónomo observacional máis importante do século XV por moitos estudosos. Tamén construíu a madrasa de Ulugh Beg (1417–1420) en Samarcanda e Bukhara, transformando as cidades en centros de aprendizaxe da rexión.The global built environment as a representation of realities: By author:A.J.J. Mekking

Non obstante, a pericia científica de Ulugh Beg non estivo ligada coas súas habilidades no goberno. Durante o seu curto reinado fracasou no intento de establecer o seu poder e autoridades. Como resultado, outros líderes, incluídos da súa familia, tomaron vantaxe da súa falta de control e finalmente foi derrocado e asasinado.

Traxectoria Foi neto do conquistador Tīmūr (Tamerlán) (1336-1405) e o máis vello dos fillos de Shahruj Mirza, que formaron parte das tribos mongois de Transoxiana (entón Persia, agora Uzbekistán). A súa nai foi a princesa persa Goharshad.

Sendo neno puido ter moito contacto coas culturas de Oriente Medio e a India, sobre todo debido ás expansións territoriais do seu avó naqueles países. Á morte de Tamerlán e á ascensión do seu pai ao poder, instalouse na cidade de Samarcanda en que estableceu a capital, aínda que despois Shahruj trasladou a capital a Herat. Aos dezaseis anos de idade Ulugh Beg obtivo o cargo de gobernador de Samarcanda, cidade en que viviu ata a súa morte.

Cando descubriu a morte do seu pai, Ulugh Beg foi a Balkh, onde se atopou con que o seu sobriño Ala-ud-Daulah Mirza bin Baysonqor, fillo do seu irmán Baysonqor, reclamara o emirato do imperio timúrida en Herat. En consecuencia Ulugh Beg marchou contra Ala-ud-Daulah e enfrontouse con el na batalla de Murghab. Logo de gañar esa batalla, Ulugh avanzou cara a Herat e masacrou os seus habitantes en 1448, mais o irmán de Ala-ud-Daulah Mirza Abul-Qasim bin Babur Baysonqor acudiu na súa axuda, derrotándoo. Despois retirouse a Balkh, onde o seu gobernador, o seu fillo máis vello Abd ul-Latif, se rebelara contra el. Estalou outra guerra civil e dous anos máis tarde foi decapitado por orde do seu fillo cando se dirixía á Meca.

Co tempo, a súa reputación foi rehabilitada polo seu sobriño, Abdallah Mirza (1450-1451), que trasladou os restos de Ulugh Beg a Gur-e Amir, mausoleo dos timúridas en Samarcanda, onde foron atopados por arqueólogos soviéticos en 1941.

Matrimonio Ulugh Beg tivo trece esposas: Aka Begi Begum, filla de Muhammad Sultan Mirza bin Jahangir Mirza e Khan Sultan Khanika, nai de Habiba Sultan coñecida como Khanzada Begum e outra Khanzada Begum; Sultan Badi al-mulk Begum, filla de Khalil Sultan bin Miran Shah e Shad Malik Agha; Aqi Sultan Khanika, filla de Sultan Mahmud Khan Ogeday; Husn Nigar Khanika, filla de Shams-i-Jahan Khan Chaghatay; Shukur Bi Khanika, filla de Darwish Khan Jochi; Rukaiya Sultan Agha, dama de Arlat, e nai de Abdal-Latif Mirza, Ak Bash Begum e Sultan Bakht Begum; Mihr Sultan Agha, filla de Tukal bin Sarbuka; Sa'adat Bakht Agha, filla de Bayan Kukaltash, nai de Qutlugh Turkhan Agha; Daulat Sultan Agha, filla de Khawand Sa'id; Bakhti Bi Agha, filla de Aka Sufi Uzbek; Daulat Bakht Agha, filla de Sheikh Muhammad Barlas; Sultanim Agha, nai de Abdul Hamid Mirza e Abdul Jabrar Mirza; Sultan Malik Agha, filla de Nasir-al-Din, nai de Ubaydullah Mirza, Abdullah Mirza e outro Abdullah Mirza;

miniatura|Ulugh Beg e un esquema do seu observatorio nun selo de 1987 da Unión Soviética. O selo di "o astrónomo e matemático uzbeko Ulugbek".

Legado O cráter lunar Ulugh Beigh foi bautizado na súa honra polo astrónomo alemán Johann Heinrich von Mädler no seu mapa da Lúa de 1830. 2439 Ulugbek é un asteroide descuberto o 21 de agosto de 1977 por N. Chernykh en Nauchnyj, e que recibiu o seu nome.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía 1839. L. P. E. A. Sedillot (1808–1875). Tables astronomiques d’Oloug Beg, commentees et publiees avec le texte en regard, Tomo I, 1 fascículo, París. 1847. L. P. E. A. Sedillot (1808–1875). Prolegomenes des Tables astronomiques d’Oloug Beg, publiees avec Notes et Variantes, et precedes d’une Introduction. París: F. Didot. 1853. L. P. E. A. Sedillot (1808–1875). Prolegomenes des Tables astronomiques d’Oloug Beg, traduction et commentaire. París. Le Prince Savant annexe les étoiles, Frédérique Beaupertuis-Bressand, in Samarcande 1400–1500, La cité-oasis de Tamerlan : coeur d'un Empire et d'une Renaissance, book directed by Vincent Fourniau, éditions Autrement, 1995, . L'âge d'or de l'astronomie ottomane, Antoine Gautier, in L'Astronomie, (Monthly magazine created by Camille Flammarion in 1882), decembro 2005, volume 119. L'observatoire du prince Ulugh Beg, Antoine Gautier, in L'Astronomie, (Monthly magazine created by Camille Flammarion in 1882), October 2008, volume 122. Le recueil de calendriers du prince timouride Ulug Beg (1394–1449), Antoine Gautier, in Le Bulletin, n° spécial Les calendriers, Institut National des Langues et Civilisations Orientales, juin 2007, pp. 117–123. d Jean-Marie Thiébaud, Personnages marquants d'Asie centrale, du Turkestan et de l'Ouzbékistan, París, éditions L'Harmattan, 2004. .

Ligazóns externas The observatory and memorial museum of Ulugbek Bukhara Ulugbek Madrasah Registan the heart of ancient Samarkand. Biography by School of Mathematics and Statistics University of St Andrews, Scotland Legacy of Ulug Beg

Categoría:Nados en Irán Categoría:Nados en 1394 Categoría:Finados en 1449 Categoría:Sultáns Categoría:Astrónomos do mundo islámico medieval Categoría:Matemáticos de Irán Categoría:Políticos de Irán