Gomphus grasliniiGomphus graslinii (Gomphus graslinii). Consellería de medioambiente. Xunta de Galicia. é unha especie de odonato anisóptero que pertence á familia Gomphidae.
Características Teñen os ollos moi separados, carácter que comparten cos Petaluridae e cos zigópteros. Os adultos miden usualmente de 4 a 7 cm de lonxitude. Vive en regatos, ríos, arroios ou lagos en estado próximo ó natural. É un gónfido carácterizado polas súas amplas liñas negras nas áreas antehumeral e humeral do tórax, as súas patas son maioritariamente negras, salvo as coxas que son amarelas e os fémures con raias amarelas.
Distribución A área de distribución desta especie só comprende unha parte da Península Ibérica e parte do sur e suroeste de Francia. En Francia, as poboacións áchanse claramente en regresión no oeste, sendo estables na zona do suroeste, ó oeste do río Rodano.
Na Península Ibérica habita en Portugal, agás na parte central do país, e en España no suroeste de Galicia, suroeste de Castela e León e sur e suroeste de Andalucía.
Hábitat Aínda que se trata dunha especie de augas correntes, parece ser máis común nas zonas de remanso, como ocorre con Macromia splendens, especie coa que adoita compartir o hábitat. En Francia voan dende mediados de xuño a mediados de agosto. Os espécimes ibéricos entre primeiros de xuño e mediados de xullo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas
Categoría:Animais descritos en 1842 Categoría:Invertebrados de Galicia Categoría:Invertebrados de Europa