O CPR Plurilingüe Sagrado Corazón é un centro de ensino concertado, situado na vila do Carballiño, no corazón do casco urbano.

Historia

O Sagrado Corazón forma parte dunha congregación relixiosa franciscana de 18 centros en toda España. A fundadora das irmás Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor foi María Ana Mogas Fontcuberta, no ano 1850 en Ripoll.

Este colexio foi fundado no ano 1931, grazas á doazón dos irmáns Prieto, quen deixaron no seu testamento o desexo de construír un colexio para os nenos e nenas con necesidades, e foron as relixiosas Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor que fixeron posible este anhelo. Nun primeiro momento só podían matricularse rapazas, ao tratarse dun internado exclusivamente para mulleres, a excepción do curso de 3 anos no cal se mesturaban ambos os sexos. Non foi ata a década de 1980 cando se permitiu o acceso tamén a homes, que ata ese momento realizaban os seus estudos no colexio Isabel La Católica, coñecido na vila como o Colexio do Corral.

No centro estudou Mariano Rajoy en 1958.

Descrición Consta de catro plantas nas que se distribúen as distintas aulas de ensino. Na planta baixa localízanse as tres aulas de educación infantil, o patio e o ascensor para acceder a todo o edificio.

No primeiro piso atópanse as clases de primeiro, segundo, terceiro e cuarto de educación primaria, ademais do despacho de dirección, a secretaría, a aula de música e o laboratorio; na segunda planta encontramos o despacho de xefatura de estudos, o do departamento de orientación e a sala do profesorado, ademais das aulas de quinto, sexto, informática, tecnoloxía e a biblioteca. No último andar está o ximnasio, a aula de audición e linguaxe/pedagoxía terapéutica e as clases de educación secundaria obrigatoria.

Tamén conta con comedor no propio centro e unha capela para render culto e celebrar a eucaristía.

Galería de imaxes

Notas

Sagrado Corazón Sagrado Corazón Categoría:O Carballiño