miniatura|Aga Khan IV nun momento da súa participación nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1964.

Aga Khan IV, nado como Karīm al-Ḥussayni en Xenebra (Suíza) o 13 de decembro de 1936 e finado en Lisboa (Portugal) o 4 de febreiro de 2025, foi o 49º imán dos musulmáns ismaelís nizarís dende o 11 de xullo de 1957 e como descendente do xa Fath Ali utiliza o título de príncipe Recoñecido polo Reino Unido en 1938: Edwards, Anne (1996). Throne of Gold: The Lives of the Aga Khans, New York: William Morrow. ISBN 0-00-215196-0, co tratamento de 'Alteza', concedido pola raíña Isabel II logo da morte de seu avóPatrick Montague-Smith (1970) Debrett's Correct Form. Debrett's Peerage Ltd. , p. 106.. O xa de Irán Mohammad Reza Pahlavi, concedeulle o tratamento de 'Alteza Real' en 1959 pero tras da revolución de 1979 carece de forza legal en Irán. Traxectoria Familia e primeiros anos Fillo máis vello do príncipe Ali Khan (1911–1960) e da súa primeira dona, Joan Barbara Yarde-Buller (1908–1997), filla do terceiro barón de ChurstonPerson Page 3145 , Thepeerage.com., menos nun ano despois naceu o seu irmán, o príncipe Amyn . Seus pais divorciáronse en 1949, en parte polas relacións extraconxugais de seu pai, e ao pouco casou coa actriz estadounidense Rita Hayworth, coa que tivo unha filla, Yasmin Aga Khan.

Aga Khan tamén ten un medio irmán por parte de nai, Patrick Benjamin Guinness (1931–1965), froito do seu primeiro matrimonio con Loel Guinness

Pasou a súa infancia en NairobiG. Pascal Zachary, "Do Business and Islam Mix? Ask Him" , primeiro recibiu clases privadas e logo, xa en Suíza, escolarizouse no Institut Le Rosey, a escola máis cara de Europa, e alí permaneceu durante nove anos ata pasar á Universidade Harvard, onde se graduou en historia oriental Imanato nazarí En 1957 ao morrer seu avo, Aga Khan III, Karim converteuse no novo iman dos nazarís, a principal rama do ismailismo, á súa vez pertencente ao islamismo xiíta. A súa designación foi unha decisión persoal do anterior imán malia a tradición que faría herdar a seu fillo e non a seu neto. A súa entronización foi na capital de Tanzania, Dar es-Salaam« Aga Khan, « Prince » du développement », Jeune Afrique, 24 de agosto de 2017..

De novo participou en competicións de esquí alpino e interveu nos Xogos Olímpicos de 1964 representando a Irán. Casou en 1969 coa antiga modelo Sarah Frances Croker-Poole, que adoptou o nome de Salimah, coa que tivo tres fillos, Zahra Aga Khan nada en 1970, Rahim Aga Khan en 1971) e Hussain Aga Khan en 1974. A parella separouse en 1984

Aga Khan volveu casar en 1998 con Gabriele Renate Thyssen que asumiu o nome de Begum Inaara Aga Khan, a unión durou ata 2004. Aínda que o acordo de divorcio non se realizou ata 2014. Con Begum Inaara, o Aga Khan tivo un fillo: Ali Muhammad Aga Khan, nado en 2000.

Negocios Forbes estima a súa fortuna en 1 000 millóns de dólares (2010). É propietario de centos de cabalos de carreiras e numerosas propiedades ao longo do mundo, aínda que a súa residencia principal está en Aiglemont, no concello de Gouvieux, ao norte de París.

O Aga Khan participa en numerosas iniciativas económicas e financeiras, áreas como as comunicacións ou os hoteis de luxo. En 1959 fíxose cun xornal kenyano e fundou Nation Media Group, un grupo de prensa que se converteu nun dos principais do leste de África. Na década de 1990 fíxose cun grupo de hoteis de luxo en Italia, CIGA e por medio do Aga Khan Fund for Economic Development controla o grupo Serena Hotels.

En 1967 estableceu a Fundación Aga Khan, unha organización sen ánimo de lucro que acabou integrando na Aga Khan Development Network, unha das máis importantes axencias privadas de desenvolvemento das condicións económicas dos países máis pobres e que constitúen un conxunto de institucións que cobren diversos dominios: agricultura, industria, arquitectura, educación ou saúdeCharles Jaigu, « Son altesse l'Aga Khan », Le Figaro Magazine, 16 de febreiro de 2018, pp. 56-62..

Notas

Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Nados en Xenebra Categoría:Personalidades do islam Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Príncipes Categoría:Esquiadores alpinos olímpicos de Irán Categoría:Personalidades da empresa Categoría:Grandes cruces da Orde do Mérito Civil Categoría:Esquiadores alpinos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1960 Categoría:Esquiadores alpinos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1964