Sergio Vázquez Rouco, nado o 15 de setembro de 1933 na parroquia de Salaia (Palas de Rei) e finado o 3 de abril de 2006, foi un sacerdote e historiador galego.
Traxectoria Foi ordenado presbítero en 1962 e licenciouse en teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca en 1966. Foi coadxutor da parroquia de San Xoán de Poio entre 1967 e 1970 e párroco até 1982.
Após se trasladar a Madrid, entre os anos 1983 e 1987, doutorouse e realizou a carreira de Antropoloxía relixiosa e Ética na Universidade Pontificia Comillas e no Instituto Superior de Ciencias Morais. De 1987 a 1990 foi director da igrexa de Buena Dicha.
De volta a Galiza, entre 1990 e 1995, foi profesor de relixión no instituto Eduardo Pondal de Compostela á parte de vigairo das parroquias de San Mamede do Monte, Covas e San Cibrán de Barcala.
Desde o 1 de xaneiro de 1996 foi párroco de Curtis. Como tal, realizou numerosas obras de acondicionamento e mellora das instalacións, quer nas igrexas de Santaia e Teixeiro, quer na súa contorna. Restaurou a casa reitoral de Teixeiro, participou na reconstrución da antiga fonte da Nosa Señora de Teixeiro e impulsou a figura de San Pedro de Mezonzo.
Finou o 3 de abril de 2006, con 72 anos. Foi enterrado na súa parroquia natal o 6 de abril e o seu funeral foi celebrado polo arcebispo Julián Barrio na igrexa de Teixeiro o 28 de abril.
Obra San Xoán de Poio. Monasterio, coto, parroquia (Cambados, 1998). . Santa Eulalia de Curtis: Cuna de San Pedro de Mezonzo. Coto - Monasterio - Parroquia (Teixeiro, 2002)
Artigos "Provinciales de la Merced en Castilla: 1361-1834" (1992)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en Palas de Rei Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Sacerdotes católicos do século XX Categoría:Sacerdotes católicos do século XXI Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia de Salamanca Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia Comillas