Iskra ( en ruso; en galego, a faísca) foi unha publicación política de emigrantes socialistas rusos procedentes do POSDR. Estivo dirixido por Lenin.

Traxectoria A fundación débese a Lenin, que tras abandonar Siberia en xaneiro de 1900,Rojas (2017) pensou que, dada a imposibilidade de publicar un xornal en Rusia, debíase facer no estranxeiro polo que a primeira edición foi publicada na cidade alemá de Leipzig o 1 de decembro de 1900, coa colaboración dos socialdemócratas alemáns. As outras edicións publicáronse en Múnic entre 1900 e 1902; a partir de xullo de 1902, durante a estancia de Lenin en Londres entre 1902 e 1903 a publicación foi editada desde unha pequena oficina no número 37 de Clerkenwell Green en Londres e, a partir, de 1903 en Xenebra.

O comité editorial do periódico estaba formado por Lenin, Pàvel Akselrod, Vera Zasulich, Julius Martov, Georgii Plekhanov, e Alexander Potresov. Posteriormente, agregouse Trotski tras escapar do tsarismo.

O xornal tivo un importante papel no II Congreso do POSDR pois publicou un borrador que serviu para a preparación do congreso (xullo-agosto 1903). No curso do congreso, produciuse a división entre bolxeviques e menxeviques.Emu (2010), p. 221 Lenin foi electo dirixente do Partido e abandonou o xornal en novembro de 1903 e dende entón foi un xornal menxevique no que Plekhanov recuperou aos editores anteriores até 1905. Lenin fundará outro xornal, xa enteiramente bolxevique: Vpériod (Adiante).Bolinaga (2010), p. 83

A publicación chegou a ter unha tirada de 8.000 copias de media. O lema de Iskra foi "" ("Dunha faísca o lume revivirá"), unha liña da resposta de Aleksandr Odoievski ao poema de Aleksandr Puixkin dirixido a prisioneiros anti-tsaristas en Siberia.

Algúns dos traballadores da publicación participaron na revolución de outubro de 1917 .

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Bolxevique Menxevique

Categoría:Historia de Rusia Categoría:Xornais comunistas Categoría:Xornais desaparecidos