O Pico Turquino é o punto de maior altitude da illa de Cuba con 1 974 metros sobre o nivel de mar. É o único lugar de Cuba onde se rexistrou oficialmente unha nevarada en febreiro de 1900.

Contexto xeográfico Atópase no centro da Sierra Maestra, a maior cordilleira de Cuba. A montaña álzase sobre un escenario de 17.540 hectáreas de ríos, bosques, vales e cumes. Hai dous accesos típicos para escalalo, un dende territorio da provincia de Santiago de Cuba e outro, máis suave, dende a provincia de Granma.

Historia Os primeiros rexistros de visitas ó seu cume remóntanse a 1915 polo botánico sueco Erik Leonard Ekman, e como curiosidade, aparece como "Tarquino" nun mapa elaborado polo xeógrafo flamengo Gerardo Kramer a finais do século XVI.Pico Turquino EcuRed A zona, na época da conquista española estaba dominada por un cacique taíno chamado Tarquino ou Turquino. Segundo se cre, o nome provén das palabras aborixes turey e quino. A primeira delas era utilizada para designar ó ceo e a segunda utilizábase para denominar a unha persoa ou cousa importante ou elevada. Polo que se cre que Turquino quere dicir "Montaña do Ceo" ou "Elevación do Ceo".La montaña más alta de Cuba está en Guamá

No alto atópase un busto de José Martí que colocou, no ano do centenario do seu nacemento (1953), Celia Sánchez Manduley acompañada do seu pai. O busto é obra da escultora Jilma Madera.

Notas

Categoría:Montañas de Cuba Categoría:Provincia de Santiago de Cuba