A otaria de Steller (Eumetopias jubatus) é unha especie de león mariño que vive no norte do Pacífico. É unha especie "case ameazada", único membro do xénero Eumetopias, que é o otárido de maior tamaño, e a cuarta especie de pinnípede en tamaño despois das morsas e os elefantes mariños dos hemisferios norte e sur. Foi descrita en 1714 polo naturalista Georg Wilhelm Steller, a quen debe o seu nome na literatura científica en moitos idiomas, incluído o galego. Esta especie recibiu moita atención nas últimas décadas debido ao seu importante declive por causas pouco coñecidas nunha ampla porción da súa área do norte de Alasca.

Descrición

miniatura|esquerda|Cranio de E. jubatus Os machos adultos son de cor máis clara que a maioría dos leóns mariños, variando desde o amarelo claro ao leonado e ocasionalmente avermellado. As crías pesan uns 23 kg, nacen case negras e permanecen así durante varios meses. As femias e os machos crecen rapidamente ata os cinco anos, despois dos cales o crecemento das femias faise considerablemente máis lento. As femias adultas miden de 2,3 a 2,9 m (a media é 2,5) e pesan de 240 a 350 kg (a media é 263 kg).Steller Sea Lions, Eumetopias jubatus. marinebio.orgSteller Sea Lions . Northwest Regional Office. noaa.gov Os machos seguen medrando ata que aparecen os seus caracteres sexuais secundarios cando teñen cinco anos. Son lixeiramente máis longos que as femias, crecendo ata os 2,82–3,25 m (como media 3 m). Os machos teñen peitos e pescozos moito máis anchos e unha estrutura xeral da parte anterior do corpo máis robusta. Os machos pesan entre 450 e 1120 kg (a media é 544 kg).Keranen, Danielle. Eumetopias jubatus. Steller sea lion. Animal Diversity WebOlesiuk, Peter F, and Bigg, Michael A. (~1984) Marine mammals in British Columbia . Os machos tamén se distinguen das femias pola súa fronte máis alta e ancha, fociños máis planos e a grosa melena de pelos bastos do seu pescozo. Precisamente, o seu nome latino pode traducirse aproximadamente como "o de fronte ancha melenudo".

Distribución

A área de distribución desta especie abrangue desde as illas Kuriles no mar de Okhotsk en Rusia ata o golfo de Alasca no norte, e cara ao sur ata a illa Año Nuevo na costa central de California. Anteriormente reproducíase máis ao sur nas illas do Canal de California, pero non o fan alí desde a década de 1980. Os estudos baseados en análises xenéticas e padróns de migracións locais desta especie, serviron para dividir tradicionalmente a súa poboación global nun conxunto oriental e outro occidental separados polo paralelo da lonxitude 144°W, que pasa aproximadamente polo medio do golfo de Alasca.Alaska Marine Mammal Stock Assessments, 2009 . (PDF) . Retrieved on 2011-09-16.Allen, B. M., and R. P. Angliss (revised 25 November 2008) NOAA-TM-AFSC-206. STELLER SEA LION (Eumetopias jubatus): Eastern U. S. Stock . (PDF). Pero probas recentes indican que o león mariño de Steller en Rusia no mar de Okhotsk e illas Kuriles contén un terceiro stock asiático, mentres que os da costa leste de Kamchatka e as illas do Comandante pertencen ao conxunto occidental.

miniatura|Os leóns mariños de Steller congréganse en zonas rochosas das illas do Golfo da Columbia Británica

No verán, estes leóns mariños adoitan moverse máis ao sur. Por tanto, aínda que non hai sitios reprodutores no Xapón, hai varios sitios de descanso na zona de Hokkaido no inverno e primavera. Atopáronse individuos errantes no mar Amarelo e no golfo de Bohai e ao longo da costa de Corea e a China.Gelatt, T. and Sweeney, K. (2016). Eumetopias jubatus. The IUCN Red List of Threatened Species "Steller Sea Lion (Eumetopias jubatus)" Seal Conservation Society Accessed 2013-04-25

Ecoloxía Hábitat

Viven nas augas costeiras do subártico debido a que prefiren as temperaturas máis frías do clima desa zona. Como todos os otáridos, os leóns mariños de Steller son anfibios e pasan parte do tempo na auga e parte en terra. O normal é que pasen gran parte do seu tempo alimentándose na auga e vaian a terra para descansar, reproducirse, criar os fillos, e mudar a pelame. Xeralmente congréganse en illas solitarias, que son o seu hábitat terestre ideal. Estas illas arredadas carecen de depredadores terrestres, permiten unha doada termorregulación (por medio de ventos fríos) e un aceso fácil ás presas da costa. Algúns sitios de descanso son utilizados comunmente para a reprodución, mentres que outros só se usan para outros propósitos como a muda. Porén, os factores bióticos e abióticos poden influír na cantidade de tempo que pasan en terra. A abundancia de sitios de descanso pode estar determinada pola dispoñibilidade de presas, abundancia de predadores, niveis das mareas, clima etc.

Alimentación

miniatura|esquerda|upright=1.25|Un E. jubatus capturando un esturión. Os leóns mariños de Steller son predadores oportunistas e habilidosos, que se alimentan dunha ampla variedade de peixes e cefalópodos. Importantes compoñentes da súa dieta son os peixes Gadus chalcogrammus,Keyes, M. C. (1968). "The nutrition of pinnipeds", pp. 359–395 in R. J. Harrison, R. C. Hubbard, R. S. Peterson, C. E. Rice, and R. J. Schusterman (eds.) The behavior and physiology of pinnipeds. Appleton, Century-Crofts, New York. Pleurogrammus monopterygius, Hippoglossus (fletán), Clupea (aranques), Mallotus villosus (capeláns), outros Pleuronectiformes (peixes planos), Gadus macrocephalus (un bacallau do Pacífico), Sebastes, cotoideos, salmóns, ammodítidos, así como cefalópodos como luras e polbos. Parecen preferir os peixes que forman bancos e permanecen principalmente entre a zona intermareal e a plataforma continental. Adoitan ir xuntos formando grupos de ata 12, e agréganse onde hai abundancia de presas. Congréganse preto de barcos de pesca, comendo os descartes de pesca. A maioría dos datos da súa alimentación proceden dos recollidos na costa de Alasca, e os seus comportamentos alimenticios globais son descoñecidos. Ademais de vivir nos seu ambiente mariño primario, entran tamén en estuarios e aliméntanse dalgúns peixes de augas salobres como os esturións. Moi raramente comen crías das focas Callorhinus ursinus e Phoca vitulina e de londras de mar. Observouse que está a aumentar a variedade de presas que consome. A composición da súa dieta varía estacionalmente e xeograficamente. Como son predadores oportunistas, aprovéitanse principalmente das especies de presas máis abundantes onde viven.

Predación

Os leóns mariños de Steller son carnívoros superiores nos seus ecosistemas, mais poden ser eles predados principalmente por candorcas ou ás veces algunhas especies de tiburóns, como os tiburóns de Groenlandia e o tiburón branco, os cales poden capturar as crías de leóns mariños.

Comportamento e historia vital Reprodución miniatura|Macho adulto, femias e crías preto de Juneau, Alasca

Os machos maduros reprodutores de leóns mariños de Steller reúnense a mediados de primavera en sitios de reprodución tradicionais ben definidos,Gentry, R. L. (1970). "Social Behavior of the Steller’s Sea Lion". Ph. D. Thesis, University of California, Santa Cruz, CA.Sandergen, F. E. (1970). 'Breeding and Maternal Behavior of the Steller’s Sea Lion (Eumetopias jubatus) in Alaska', M. S. Thesis, University of Alaska, College. xeralmente situados en praias de illas afastadas. Primeiramente, chegan os machos, e os meirandes e máis vellos establecen e defenden territorios na praia. Aproximadamente unha semana ou máis despois, chegan as femias adultas, acompañadas ás veces polos seus fillos sexualmente inmaturos e forman fluídas congregcións por toda a praia. Igual que outros otáridos, os leóns mariños de Steller son políxinos. Porén, a diferenza doutras especies, non forza as femias a formar haréns, senón que controla un dos espazos territoriais entre os cales se moven as femias libremente. Os seus territorios son terrestres, acuáticos ou semiacuáticos. Os machos con territorios semiacuáticos son os que teñen maior éxito á hora de defendelos. Os lindes dos territorios están definidas por características naturais, como rochas, fallas ou cristas das rochas e os territorios permanecen estables durante uns 60 días. Aínda que os machos son normalmente tolerantes coas crías, un macho foi filmado na illa Medny matando e comendo varias crías, no que foi o primeiro incidente rexistrado de canibalismo nesta especie. Aínda que as investigacións feitas non son claras en canto aos motivos que están detrás destes ataques, sinalouse que o macho implicado nestes ataques tiña unha personalidade anormal similar a unha condición psicótica.

As femias preñadas da tempada anterior dan a luz pouco despois de chegaren aos sitios de reprodución e a copulación ocorre xeralmente unha ou dúas semanas despois de daren a luz, pero o óvulo fecundado non se implanta no útero ata o outono. Isto quere dicir que os óvulos fecundados poden permanecer dentro do corpo da femia sen implantarse ata tres meses despois de formar o blastocisto. Son raros os partos de xemelgos.Alaska Department of Fish and Game, "Life History". Adfg.alaska.gov. Retrieved on 2011-12-17. Despois de aproximadamente unha semana de estar coidando as crías sen abandonar a praia, as femias empezan a facer viaxes ao mar para alimentarse cada vez máis longos e frecuentes, deixando as crías soas ata que en certo momento, chegado o verán, tanto a nai coma a cría abandonan definitivamente a praia; estas últimas xa teñen o peso e reservas de graxa necesarias para alimentarse por si mesmas. Este comportamento é o seu padrón de atención materna, que é común nos otáridos. Un estudo feito pola Universidade de California, Santa Cruz atopou que como media as crías macho consomen máis leite que as femias. Isto pode deberse a diferenzas no dimorfismo sexual comúns en otáridos. Os machos reprodutores xaxúan durante toda a estación reprodutora,Riedman, M. (1990). The Pinnipeds: Seals, Sea lions, and Walruses. Los Angeles, University of California Press. p. 200 . e non adoitan entrar na auga desde mediados de maio e ata a agosto, cando a estrutura dos sitios de reprodución empeza a esboroarse e a maioría dos animais os abandonan en dirección ao mar, dispersándose por toda a súa área de distribución.

A idade de destete é moi variable; as crías poden permanecer coas súas nais durante catro anos. Documentáronse casos de nais que alimentaban unha filla que á súa vez estaba alimentando simultaneamente a súa propia cría, aínda que isto é extremadamente raro entre os mamíferos. Un estudo feito na illa Año Nuevo en 1983 atopou que a atención das femias e o tempo que pasan coas crías dependía do incremento das demandas nutricionais das crías e a eficiencia en mamar das crías. As femias como media pasaban 21 horas en terra e 36 horas no mar. A medida que as crías medraban, as femias empezaban a pasar máis tempo no mar. Na sexta semana de crecemento das crías, o tempo que pasaba a nai no mar decrecía nun 30%. Non hai relación entre a actividade das crías ou as súas excursións co seu tempo de mamar, idade ou sexo. Eses tres factores tampouco estaban relacionados co seu uso da enerxía. Estudos con auga marcada mostraron que a toma de leite das crías tiña unha relación directa co seu tamaño. As crías que consumían máis leite eran máis pesadas que as que consumían menos. Isto indica que o tempo que as femias pasan en terra coas crías depende da eficiencia ao mamar das crías e das demandas nutricionais e necesidades metabólicas.

No pasado, a baixa produción de crías fora ligada a un incremento do estrés nutricional nas femias, o que se cre contribuíu ao declive do león mariño de Steller en Alasca.

Mergullos

miniatura|Un E. jubatus soltando aire na auga.