Pascuala Ilabaca Argandoña, nada en Xirona, o 13 de abril de 1985, é unha cantante e compositora chilena, destacada pola súa voz e o acompañamento do acordeón e piano nas súas cancións. A súa obra foi descrita como “composición contemporánea, as tradicións étnicas do mundo e a raíz folclórica chilena.”Pascuala Ilabaca en el sitio Música Popular Tamén é parte de Samadi, un grupo de música étnica iniciado en 2005, que recompila repertorios da India, África, América do Sur, Medio Oriente e Europa. 

Traxectoria Pascuala Ilabaca naceu en Xirona no ano 1985. Chega a Chile en 1987, onde se radica dende entón, vivindo na cidade de Valparaíso. É a filla do pintor Gonzalo Ilabaca e a vitralista Pilar Argandoña.Pascuala Ilabaca trae sonidos de la India Cando era nena viaxou moito xunto cos seus pais, quen lle ensinaron a ler mentres percorrían Chile de arriba a abaixo. A familia tamén viaxou fóra de Chile. Ós 12 anos viviu na India, onde volveu para estudar despois de terminar a súa carreira na Universidade co mestre Pandith Pashupatinath Mishra en Benarés, India. Ós 15, viviu en México coa súa familia, logo volveu a Valparaíso onde foi ao colexio Winterhill de Viña del Mar, onde terminou os seus estudos xunto á súa irmá Danila Ilabaca Argandoña.

Segue unha dieta vexetariana.

Discografía Pascuala le canta a Violeta (2008) Perfume o Veneno (2010) Diablo Rojo, Diablo Verde (2010) Busco paraíso (2012) Me saco el sombrero (2014) Rey Loj (2015) El mito de la pérgola (2018)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Xirona Categoría:Cantantes de Chile Categoría:Multiinstrumentistas