María Varela Abelairas, nada en Lugo en 1974, é unha xornalista galega.
Traxectoria miniatura|alt=|Charlando con Víctor Freixanes na Casa das Campás de Pontevedra en xaneiro de 2020 Desde o ano 2000 reside en Pontevedra.
Cursou estudos de Ciencias Empresariais na Universidade de Santiago de Compostela e despois de xornalismo na mesma USC e na UNED.
Comezou o traballo de xornalista en Radio Televisión Terras de Lemos (Monforte de Lemos) e contiuou en Onda Cero, Radio Voz e La Voz de Galicia. No 2000 incorporouse ao Diario de Pontevedra no que foi columnista, redactora de cultura, coordinadora de suplementos e redactora xefa. Tamén fixo colaboracións con Galiciaé.
Publicou oito poemas en galego (Noites, Silencio, As bocas caladas, Sen nome, Airexa de sal, 1 de novembro, Violeta, Indiferenza) no nº 221 de Grial.
Foi a pregoeira das Festas da Peregrina 2018 en Pontevedra cun "pregón feminista".
Obra
A pantasma de Lourizán (2023). Vigo: Ed. Elvira. En "Lourizán. Historias para coñecer Pontevedra", do Diario de Pontevedra. 62 páxs. ISBN 978-84-128006-1-6. Relato.
Premios
2017: Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego por Cóxegas e tartas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Cóxegas e tartas, artigo gañador do Premio Francisco Fernández del Riego A opinión nos medios locais por María Varela, 2 de marzo de 2o18. YouTube. Pregón das Festas da Peregrina 2018. Cadenaser.com
Categoría:Xornalistas de Lugo
Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1974 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela