miniatura| Fuselaxe dun Christen Eagle 2. A fuselaxe (do francés fuselage e esta de fuseau) é un corpo estrutural dos avións e planadores de figura fusiforme que soporta as ás, os planos estabilizadores de cola e o tren de aterraxe, e xeralmente é parte habitable do avión. A súa forma e deseño baséanse nunha xeometría suave con baixa resistencia aerodinámica e necesidades específicas do avión de volume ou capacidade. Nun avión comercial, gran parte do volume da fuselaxe está dedicado á cabina de pasaxeiros e a disposición depende de diferentes factores como a duración do voo, os servizos a bordo, o acceso á aeronave (portas), as saídas de emerxencia ou a tripulación auxiliar.miniatura|450x450px| Tipos de fuselaxe 1: Para voos subsónicas.2: Para voos supersónicos de alta velocidade.3: Para voos subsónicos con góndola de alta capacidade.4: Para voos supersónicos de gran manobrabilidade.5: Para hidroavións.6: Para o voo hipersónico.|centro Notas

Categoría:Aeronáutica Categoría:Aerodinámica Categoría:Compoñentes de aeronaves