Albert Harrington, nado o 17 de febreiro de 1980 en Orange, Nova Jersey, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional que xogou durante 16 tempadas na National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional Harrington foi elixido na 25ª posición do Draft da NBA de 1998 polos Indiana Pacers, onde xogou durante seis tempadas. O 15 de xullo de 2004, Harrington foi traspasado ós Atlanta Hawks a cambio de Stephen Jackson.Hawks obtain Al Harrington from Indiana for Stephen Jackson O 22 de agosto de 2006, Harrington foi traspasado de novo ós Pacers xunto a John Edwards.Pacers get Harrington from Hawks for first-round pick

O 17 de xaneiro de 2007, Harrington foi traspasado ós Golden State Warriors xunto a Stephen Jackson, Šarūnas Jasikevičius e Josh Powell, a cambio de Troy Murphy, Mike Dunleavy, Ike Diogu, e Keith McLeod.

O 21 de novembro de 2008, Harrington foi traspasado ós New York Knicks a cambio de Jamal Crawford. Nas dúas tempadas cos Knicks xogou o mellor baloncesto da súa carreira, onde acadou 19.2 puntos, 5.9 rebotes, 1.4 asistencias e 1.0 roubos de balón en 32.7 minutos de xogo por encontro, nun total de 140 partidos disputados.

O 15 de xullo de 2010, Harrington asinou cos Denver Nuggets.

O 10 de agosto de 2012, Harrington foi traspasado ós Orlando Magic, nun traspaso entre catro equipos que mandou a Dwight Howard ós Los Angeles Lakers. O 2 de agosto de 2013, foi cortado polos Magic.Magic Request Waivers on Al Harrington

O 14 de agosto de 2013, Harrington asinou cos Washington Wizards.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados no condado de Essex, Nova Jersey Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Washington Wizards