María del Pilar Cagiao Vila, nada na Coruña en 1959, é unha historiadora e profesora galega.

Traxectoria

Doutora en Historia coa tese Participación económico social de la inmigración gallega en Montevideo, 1900-1970, lida na Universidade Complutense de Madrid (1990). É profesora de Historia de América na Universidade de Santiago de Compostela e directora do Centro Interdisciplinario de Estudos Americanistas “Gumersindo Busto” desa Universidade. Foi directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, e secretaria da revista Estudios Migratorios.

Obras Muller e emigración, 1997. Os galegos de Ultramar: de emigrados a inmigrantes, 2007. Os galegos e o mundo colonial americano (con María Luisa Pazos Pazos), 2007. Galicia e o Río da Prata (con Xosé Manoel Núñez Seixas), 2007. Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Grupo de investigación de Historia de América de la Universidad de Santiago de Compostela .

Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1959 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes