O Parque Nacional Nino Konis Santana é o primeiro parque nacional de Timor Leste. O parque, estabelecido o 3 de agosto de 2007, abrangue unha área de 1 236 km². Conecta importantes áreas para as aves como Lore, o monte Paitchau, o lago Ira Lalaro e a illa de Jaco. O parque tamén inclúe 556 km² do Triángulo de coral, unha área submarina que contén unha das meirandes e diversas poboacións de coral e peixes de coral do mundo. Algunhas das aves protexidas que habitanno parque están en perigo crítico, como a Cacatua sulphurea, a endémica Treron psittaceus, a ameazada Ducula cineracea, e a vulnerable Lonchura fuscata.
O parque recibe o seu nome na honra do heroe do movemento nacional de independencia Nino Konis Santana, un antigo comandante de Fretilin, quen naceu en Tutuala, unha vila dentro das fronteiras do parque nacional.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Parques nacionais de Timor Leste Categoría:Áreas protexidas establecidas en 2007