O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
Historia
Cisma no PCPE e fundación En abril de 2017, trala V Sesión Plenaria do Comité Central do Partido Comunista dos Pobos de España, disputas internas provocaron a división do partido. Unha parte do Comité Central proclamou a Ástor García como o novo secretario xeral do PCPE, substituíndo ao veterano Carmelo Suárez, no cargo desde 2002, que foi apoiado na súa posición de secretario xeral pola maioría do Comité Central. O sector de Ástor García creou unha nova páxina web coas siglas do PCPE explicando dito nomeamento, mentres que na web do outro sector denunciábase a designación de García como un "acto fraccionario". A partir dese momento, os dous sectores actuaron de facto como dous partidos diferentes, pero utilizando ambos o mesmo nome.
A nivel internacional, o Partido Comunista de México, o Partido Comunista de Grecia (KKE), o Partido do Traballo de Austria e o Partido Comunista de Italia apoiaron a Ástor García como secretario xeral do PCPE. Tamén realizaron eventos conxuntos nos que participou o Partido Comunista de Turquía. Do mesmo xeito, a dirección e a maioría dos militantes os Colectivos da Mocidade Comunista (CJC) apoiaron a Ástor García. Neste sentido, 220 militantes do PCPE e CJC asinaron un documento que apoiaba as decisións tomadas pola dirección liderado por García, subscribindo un acordo de cinco puntos en defensa do partido, mentres que varias organizacións territoriais emitiron declaracións en defensa da nova dirección, incluíndo as de Euskal Herria, de Asturias, de Cantabria, de Galicia, de Madrid, das Illas Baleares, de Canarias, de Castela e León e parte de Cataluña. Mediante a convocatoria dunha Conferencia Central decidiuse celebrar un XI Congreso Extraordinario que se celebrou en novembro de 2017 baixo o lema "Por un país para a clase obreira, fortalezamos o PCPE".
Finalmente, o 3 de marzo de 2019 resolveuse pola vía legal a duplicidade de siglas. O sector encabezado por Ástor García adoptou un novo nome, o Partido Comunista dos Traballadores de España (PCTE), segundo o disposto no seu XI Congreso extraordinario.
Eleccións de 2019 O PCTE participou nas Eleccións Xerais de abril de 2019 en España, presentando candidaturas en 26 provincias e obtendo 14.189 votos (un 0,05%) e nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2019 con Ástor García como cabeza de lista, obtendo 19.081 votos (un 0,09%). No mesmo día das eleccións ao parlamento europeo o PCTE participou en cinco eleccións autonómicas e en dezaseis municipios. Conseguiu dous concelleiros no antigo concello mineiro de Degaña no sur de Asturias. Tamén apoiou a lista local Asamblea Ciudadana Por Torrelavega (ACPT) a cal tamén obtivo dous concelleiros.
Na repetición das eleccións xerais, en novembro de 2019, presentou candidaturas en 38 provincias, obtendo uns resultados similares ás primeiras, con 13.029 votos.
Xuventudes e publicacións As xuventudes do partido organízanse nos Colectivos de Jóvenes Comunistas. O órgano de expresión do partido é a revista Nuevo Rumbo.
Estrutura territorial O partido ten presenza en case toda España, adaptando o seu nome ás diferentes linguas dos territorios. TerritorioOrganización territorialPCTE AndalucíaPCTE AragónPartíu Comunista de los Trabayadores d'EspañaPCTE CanariasPCTE CantabriaPCTE Castilla y LeónPartit Comunista dels Treballadors de CatalunyaPCTE MadridPartit Comunista dels Treballadors d'EspanyaPartido Comunista dos Traballadores da GalizaPartit Comunista dels Treballadors d'EspanyaEuskadiko Langileen Alderdi KomunistaPCTE La Rioja
Eleccións +Cortes XeraisAnoVotos%abril de 201914,1890.05novembro de 201913.0290.05
+Eleccións europeasAnoVotos%201919,0810.09%
+Eleccións autonómicas de 2019AutonomíaVotos%Aragón5590.08%Asturias1.0820,21%Cantabria4790,15%Castela e León1,1470.08%Comunidade de Madrid3,0130.09% +Eleccións municipais 2019MunicipioAutonomíaVotos%AsentosAvilésAsturias2360,62%0CórdobaAndalucía3800,26%0DegañaAsturias14724,54%2GijonAsturias2890,21%0LangreuAsturias1060,56%0LeónCastela e León1190,18%0MadridComunidade de Madrid7910,05%0MálagaAndalucía1880,08%0MieresAsturias740,38%0OviedoAsturias1630,15%0SalamancaCastela e León2330,31%0San Juan de AznalfaracheAndalucía1101,32%0ValladolidCastela e León2290,14%0VigoGaliza2670,18%0ZaragozaAragón1.0360,31%0
Notas
Véxase tamén
Partido Comunista de los Pueblos de España Marxismo-leninismo
Ligazóns externas
Sitio web do partido Nuevo Rumbo, órgano de expresión oficial do partido.
Categoría:Partidos políticos de España Categoría:Partidos comunistas de España