Hasdai ben Abraham ben Hasdai ben Judá ben Hasdai Crescas ou Cresques (en ), nado en Barcelona (Cataluña) en 1340 e finado en Zaragoza (Aragón) en 1412, foi un filósofo, xurista e escritor xudeu catalán, rabino en Barcelona e Zaragoza e cunha obra importante, Or Adonai, que critica o pensamento de Maimónides e de Gersónides e adopta o punto de vista racionalista sobre a fe xudía.

Traxectoria miniatura|200px|Carrer Marlet, onde naceu Crescas, no antigo barrio xudeu de Barcelona Hasdai Crescas naceu en Barcelona no seo dunha estirpe de eruditos. Estudou baixo a tutela de Nissim Gerondi, chamado o RaN, ao lado de Isaac ben Chechet (o Ribash), e formou grandes sabios, entre os que estiveron Joseph Albo, o rabino Mattathias de Zaragoza e o rabino Zerahia ha-Lévi Saladin. Foi tamén avidamente lido por Baruch Spinoza, quen se fundou nel para rebater a unión de filosofía e religión que propuña Maimónides. Como o seu mestre, Crescas foi un gran talmudista e filósofo. Tivo igualmente unha opinión experta en materia de lei xudía, a pesar de non ocupar nunca un posto oficial de rabino. Tras deixar Barcelona, obtivo a posición administrativa de rabino da coroa en Aragón. p. 194

Gozou dunha certa riqueza material e da estima dos poderosos, de xeito que en 1393 foi nomeado executor testamentario exclusivo do seu tío, Vitalis Azday, por Xoán I de Aragón. Porén, coñeceu unha boa parte de sufrimentos e miserias: en 1378 foi feito prisioneiro sobre a base dunha falsa acusación, e calumniado numerosas veces polo feito de ser xudeu. En 1391 o seu fillo único morreu no transcurso dos pogroms antisemitas da época.

Non obstatne, estes sucesos non anubraron as súas facultades nin a súa fe, xa que redactou as súas obras máis grandes despois deste período. Outro episodio que marcou a súa vida foi o seu reencontro co suposto mesías Cisneros, do que foi brevemente partidario. En 1401 marchou a visitar a Joseph Orabuena por petición de Carlos III de Navarra, nos anais do que consta que se pagaron as viaxes por varias vilas do reino de Navarra do "Rabino de Zaragoza".Jacobs, l.c. Nos. 1570, 1574

Obras miniatura|esquerda|200px|Or Adonai (en hebreo: אור אֲדֹנָי), A luz do Señor, é a primeira obra de Hasdai Crescas. miniatura|Inauguración da rúa Crescas en Xerusalén, xaneiro de 2011. De fronte á dereita, o profesor Warren Zeev Harvey Os seus traballos haláquicos non chegaron á actualidade e talvez non existisen nunca en forma organizada, a pesar do comentario sobre o Mishné Torá. Consérvanse, non obstante, outros traballos fundamentais: Or Adonai ("Luz do Eterno"), unha das tentativas máis logradas para cuestionar a dogmática do xudaísmo a través, en especial, de reflexións sobre a natureza da fe e as crenzas cardinais da Biblia e do Talmud. Decidir sobre doutrinas xudías levou a Crescas a entrecruzar os mundos do aristotelismo medieval, dos seus comentaristas xudeus e árabes, das sentenzas rabínicas, do Talmud e do Midrash e, en fin, dos herexes xudeus. É unha obra concibida orixinariamente para criticar a Maimónides e aqueles entre os pensadores xudeus que aceptaron a súa visión do mundo ao tempo que rexeitaban aqueles dos seus elementos contrarios á tradición. Estre traballo converteuse no precursor da revolución científica do século XVI.Un estudo importante deste traballo foi realizado por Harry Austryn Wolfson (Crescas’ Critique of Aristotle Cambridge, Harvard University Press, 1929). Refutación de los principios cristianos, redactada en catalán en 1398 a petición de grandes de España. Non se coñece máis que a tradución de Joseph ibn Shem Tov. Aínda que a obra fose redactada con fins indiscutiblemente polémicos, converteuse rapidamente en apoloxética, pois o fin de Crescas era en verdade expor as razóns polas que os xudeus eran tan fieis á súa fe fe ancestral. El sermón pascual, onde fala de filosofía relixiosa, pero tamén de Halajá. Carta a la congregación de Avignon, publicada como apéndice á edición de Wiener de Shevet Yehuda, en que conta os eventos acontecidos no curso dos pogroms de 1391.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Warren Zev Harvey, Physics and Metaphysics in Hasdai Crescas, Amsterdam Studies in Jewish Thought, J.C. Gieben, Amsterdam, 1998. Warren Zev Harvey, Great Spirit and Creativity within the Jewish Nation: Rabbi Hasdai Crescas(Hebrew), Mercaz, Zalman Shazar, Jerusalem 2010. Marc Tobiass, Maurice Ifergan, Hasdaï CRESCAS, un philosophe Juif dans l'Espagne médiévale, Éditions du CERF 2007, Ligazóns externas Artigo da Enciclopedia Aragonesa O infinito peculiar de Hasdai Crescas por Renato Roschel

Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1340 Categoría:Finados en 1410 Categoría:Filósofos de Cataluña Categoría:Personalidades do xudaísmo de España Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Escritores en lingua hebrea Categoría:Rabís