Amador Castro Moure, nado en Nandulfe (Pedrafita, Chantada) en 1962, é un escritor galego.

Traxectoria Viviu desde moi novo en Barcelona. Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía, traballa como programador de aplicacions informáticas e administrador de redes.

Publicou poemas en varias escolmas. No campo musical fundou o grupo 100.000 Profilácticos e despois foi guitarrista en Alicia golpea con Carlos Zanón.

En 2013 publicou Memorias de antes do encoro, novela na que o protagonista viaxa desde París a unha Galicia rural, esquecida e asolagada baixo un encoro. En 2018 publicou Pillabán, pillabán, novela ambientada en Cereixa no século XV nos tempos de María Castaña. En xuño de 2019 gañou o Premio Xerais de Novela por Shanghai a Barcelona, novela sobre a emigración galega a Barcelona. O xurado considerou "que presenta un orixinal emprego das voces narrativas, fiadas unhas con outras con afán de continuidade; destacando a viveza e naturalidade dos diálogos e a efectiva creación dunha atmosfera abafante ao longo de toda a novela, alén da fusión dun rexistro coloquial nos personaxes cunha linguaxe lírica presente en forma de haikus". Amador Castro afirmou: "comecei tarde nisto da novela. Non na literatura" e "atopei na informática o máis parecido a un proceso creativo".

Obras Memorias de antes do encoro (2013). Ed. do autor. 272 páxs. ISBN 978-8461677887. En castelán Memorias de antes del embalse (2017). Ed. de autor. ISBN 9788461679232. En pdf: ISBN 978-84-616-7923-2. Pillabán, pillabán (2018). Tandaia, 328 páxs. ISBN 9788417393434. Shanghai a Barcelona (2019). Xerais. 200 páxs. ISBN 978-84-9121-592-9. ePub: ISBN 978-84-9121-594-3. Pronto hei de volver (2023). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 978-84-1110-437-1.

Obras colectivas

Escolma da poesía galega 1976-1984 (1984). O vento que zoa, Sotelo Blanco. Ed. de Xosé Lois García. Ecos dos poetas de Chantada. Miscelánea de poemas do século XII ao XXI (2017). Sacauntos. Ed. de Xosé Lois García. 138 páxs.

Premios 2019: Premio Xerais de Novela por Shanghai a Barcelona 2022: XXXIV Premio Torrente Ballester de narrativa da Deputación da Coruña por Pronto hei de volver.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Web de Amador Castro Moure

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1962 Categoría:Galegos de Cataluña