José Maseda Vaamonde, nado en Betanzos cara a 1909 e finado na Coruña o 26 de xaneiro de 1938, foi un labrego e político galego.
Traxectoria Coñecido polo alcume de "Calderetero" , pertencía á CNT e á FAI. Foi procesado por tenencia de explosivos e polo atentado da Terraza de Sada en 1934.La Voz de Galicia, 8-8-1934, p. 9. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte. Ferido dende o comezo do golpe, estaba oculto na casa de Lucas Uzal Suárez, na parroquia de Loureda (Oza Cesuras). Foi detido xunto con Lucas Uzal e o seu pai en outubro de 1937. Xulgados na Coruña en consello de guerra o 18 de decembro,La Voz de Galicia, 19-12-1937, p. 6. foi condenado a morte e Lucas a doce anos de cadea. Foi fusilado no Campo da Rata o 26 de xaneiro de 1938 con Lisardo Longueira García, Justo Galán Barbero e Antonio Santos Fernández.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
1936-1939 As vítimas betanceiras da represión Ligazóns externas
Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Finados en 1938 Categoría:Nados en 1909 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes