Margaret Booth, nada nos Ánxeles o 16 de xaneiro de 1898 e finada na mesma cidade o 28 de outubro de 2002, foi unha montadora de cinema estadounidenses.
Traxectoria Nada nos Ánxeles, comezou a súa carreira en Hollywood como "patcher" ("facedora de parches"), montando filmes de D. W. Griffith, arredor de 1915. O seu irmán era o actor Elmer Booth. Máis adiante, traballou para Louis B. Mayer cando era un produtor de cinema independente. Cando Mayer se xuntou con outros para formar a Metro-Goldwyn-Mayer en 1924, traballou como axudante de dirección nesa compañía. Montou varios filmes protagonizados por Greta Garbo, incluído Camille (1936).
Booth montou filmes tan diferentes como Wise Girls (1929), Mutiny on the Bounty (1935, polo que foi candidata ao Oscar á mellor montaxe), A Yank at Oxford (1938), The Way We Were (1973), The Sunshine Boys (1975), The Goodbye Girl (1977), The Cheap Detective (1978) e Seems Like Old Times (1980). Foi supervisora de montaxe e produtora asociada en varios filmes do produtor Ray Stark, culminando cun crédito como produtora executiva en The Slugger's Wife (1985) cando tiña oitenta e sete anos.
Porén, a súa listaxe oficial de créditos representa só unha parte do traballo cinematográfico de Booth. No seu papel como montadora supervisora na MGM entre 1939 e 1968, o xornal The Village Voice describiuna como "a autoridade final en cada filme que fixo o estudio durante trinta anos".The Village Voice, "His Girl Friday" por Terrence Rafferty, 30 de novembro de 1982, páx. 83 Trala súa morte, The Guardian escribiu: "todos os cineastas tiñan que pasar por ela para ter unha montaxe final de son e visión aproba", ademais de describir o seu enfoque:
Recibiu un Oscar Honorífico da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas en 1978 polo seu traballo na montaxe. En 1983, recibiu o Women in Film Crystal Award outorgado ás mulleres destacadas que, mediante a súa resistencia e excelencia no seu traballo, axudaron a expandir o papel das mulleres na industria do entretemento.
En 1990, Booth recibiu o American Cinema Editors Career Achievement Award. Faleceu en 2002, aos 104 anos, por complicacións dun infarteo. Está enterrada no Inglewood Park Cemetery, de Inglewood, California.
Filmografía seleccionada Fine Clothes (1925) Memory Lane (1926) The Enemy (1927) Bringing Up Father (1928) Wise Girls (1929) Mutiny on the Bounty (1935) Camille (1936) A Yank at Oxford (1938) The Way We Were (1973) The Sunshine Boys (1975) The Goodbye Girl (1977) The Cheap Detective (1978) Seems Like Old Times (1980)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Margaret Booth at Women Film Pioneers Project Obituario do 31 de outubro de 2002 – Los Angeles Times Gomery, Douglas (2000). "Margaret Booth," in Tom Pendergast and Sara Pendergast (editors), International Dictionary of Film and Filmmakers, Edition 4 (St. James Press), . Versión en liña do artigo, consultado o 24 de decembro de 2007. Lewis, Kevin (2006). "The Moviola Mavens and the Moguls: Three Pioneering Women Editors Who Had the Respect of Early Hollywood's Power-Brokers", in Editors Guild Magazine, Vol 27, No. 2 (marzo–abril de 2006). Archived at WebCite from this original URL 2008-06-22. Literature on Margaret Booth
Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Personalidades do cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Óscar honorífico