O monte Paektu (en ; Paektu-san) é unha montaña volcánica localizada na fronteira entre Corea do Norte e a China. Con 2744 m, é a montaña máis alta das montañas Changbai, ó norte, e da cordilleira Baekdudaegan, ó sur. Tamén é a montaña máis alta da península de Corea e de Manchuria.

Etimoloxía O nome en coreano quere dicir "montaña de testa branca". O nome en chinés, Changbai Shan (en chinés tradicional: 長白山; en chinés simplificado, 长白山) quere dicir "montaña perpetuamente branca" do mesmo xeito que o seu nome en manchú , Golmin Šanggiyan Alin, e nomes variantes.Exemplos: Paektu-san() (coreano 백두산()), Ch’ang Pai,() Chang-pai Shan,() Chōhaku-san,() Hakutō,() Hakutō-san,() Hakutō-zan,() Paik-to-san,() Pai-t’ou Shan,() Mount Paitoushar,() Paitow Shan,() Pei-schan() and Bai Yun Feng. Un lago de cráter, chamado Lago do Ceo, atópase dentro da caldeira volcánica do cumio da montaña.

Xeografía miniatura|280x280px|Relevo da rexión do monte Paektu O monte Paeku é un estratovolcán cuxo cono está truncado por unha ampla caldeira de 5 km de anchura e 850 m de profundidade, parcialmente ocupada polas augas do lago do Ceo. A caldeira creouse arredor do ano 946, durante a chamada "erupción do milenio", cun IEV ou Índice de explosividade volcánica de 7, que expulsou de 100 a 120 km3 de piroclasto e puido afectar o clima da rexión. A cinza volcánica desta erupción atopouse no sur da illa de Hokkaido, ó norte do Xapón. O lago ten unha circunferencia de 12 a 14 km, cunha profundidade media de 213 m e unha profundidade máxima de 384 m. Dende mediados de outubro a mediados de xuño, está cuberto normalmente de xeo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Montañas da China Categoría:Montañas de Corea do Norte Categoría:Volcáns da China Categoría:Volcáns de Corea do Norte