William Harrison "Bill" Pearson, nado en Greymouth o 18 de xaneiro de 1922 e finado en Auckland o 27 de setembro de 2002, foi un escritor, ensaísta e crítico literario neozelandés.

Traxectoria

Estudou Lingua e literatura inglesa na Universidade de Canterbury, e formouse como profesor. Ensinou na escola de primaria de Blackball en 1942, experiencia que lle valeu para escribir a novela Coal Flat (1963). Logo de facer un mestrado, en 1949 foi a Londres. Doutorouse na Universidade de Londres, e en 1952 regresou ao seu país. Deu clases no departamento de inglés da Universidade de Auckland desde 1959 até a súa xubilación en 1986. Nesa etapa mantivo unha estreita relación coa comunidade universitaria do pobo maorí. Os seus ensaios e artigos sobre a literatura e sociedade de Nova Zelandia foron publicados en 1974 no volume Fretful Sleepers and Other Essays.

Dado que a homosexualidade foi ilegal no seu país até 1986, mantivo oculta a súa orientación sexual durante boa parte da súa vida.

En 2010 o académico Paul Millar publicou unha biografía revisada, co título de No Fretful Sleeper: A Life of Bill Pearson.

Obra Coal Flat (1963; texto completo na NZETC) Fretful Sleepers and Other Essays (1974; texto completo na NZETC

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas http://www.bookcouncil.org.nz/writers/pearsonbill.html https://web.archive.org/web/20100522113430/http://web.auckland.ac.nz/uoa/aup/book/2010/millar-no-fretful-sleeper.cfm

Categoría:Escritores de Nova Zelandia Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en Nova Zelandia Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Alumnos da Universidade de Canterbury Categoría:Personalidades sen imaxes