Antonio Puga Rodríguez, é un avogado e político galego.

Traxectoria Avogado en Celanova, nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura da agrupación veciñal Celanova Decide. Obtiveron catro concelleiros e grazas ao apoio de PSdeG-PSOE e BNG foi elixido alcalde de Celanova o 15 de xuño, gobernando en coalición cos socialistas. Nas municipais de 2023 volveu ser elixido alcalde co apoio do PSdeG e do BNG, gobernando novamente en coalición cos socialistas. Se ben debería conseguir 5 concelleiros, un erro no tecleado de resultados dunha mesa intercambiou os resultados do seu partido cos do PPdeG, polo cal perdeu un concelleiro en favor do PPdeG, decisión pola cal librou unha loita xudicial.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Celanova

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Alcaldes de Celanova Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes