Xosé María Brañas Pérez, nado en Vimianzo en 1948, é un político e sindicalista galego.

Traxectoria Fillo de Manuel Brañas Cancelo. Militante da UPG. Foi detido en Guntín o 11 de agosto de 1975, acusado de formar parte da incipiente organización armada da UPG.La Voz de Galicia, 13-8-1975, p. 14. Encarcerado na Coruña, foi liberado coa amnistía o 23 de marzo de 1977 con Xoán Manuel López Álvarez, Manuel Fernández Rodríguez e María Luisa Vázquez Barguero.La Voz de Galicia, 24-3-1977, p. 21 Foi secretario político da UPG en Pontevedra. Foi expulsado da UPG en 1981 con Francisco García Montes, Bernardo Fernández Requeixo, Fernando Acuña Rúa e Manuela Fraguela Seoane.Expulsados varios dirigentes de Unión del Pueblo GallegoLa Voz de Galicia, 10-5-1981, p. 39.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Xosé María Brañas e as memórias dum neno diglóssico

Categoría:Políticos da UPG Categoría:Nados en Vimianzo Categoría:Nados en 1948 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes