Enrique Eymar Fernández, nado en Toledo o 14 de maio de 1885 e finado en Madrid o 21 de agosto de 1967, foi un militar español. Exerceu de xuíz militar no xulgado Militar Especial para os Delitos de Espionaxe, Masonería e Comunismo durante a ditadura de Francisco Franco. Encargado dos interrogatorios, e das sentenzas a morte de diferentes militantes antifranquistas.Carlos Fernández Rodríguez, Madrid clandestino, pag. 39José Ignacio Álvarez-Fernández, (2007), Memoria y trauma en los testimonios de la represión franquista, Anthropos, pag. 245, en aplicación entre outras da Lei de Responsabilidades Políticas de 1939 e a Lei de Represión da Masonería e o Comunismo, de 1940. No seu cargo foi un dos primeiros coordinadores do Estado na loita contra ETA.Iñaki Egaña, Giovanni Giacopucci, (1992), Los días de Argel: crónica de las conversaciones ETA-Gobierno español, Txalaparta, pag. 30
Traxectoria
En 1936 era tenente coronel do corpo de Inválidos a causa dunha ferida de guerra en Marrocos en 1929, pasou o período de guerra a cargo do Museo do Exército en Madrid como subdirector. En 1939 adheriuse ao Movimiento e foi ascendido a coronel, pasando a ser Cabaleiro Mutilado de Guerra pola Patria. Inicialmente participou como xuíz en diversos xuízos a prisioneiros de guerra. O 12 de decembro de 1947 foi o encargado de instruír a causa 140.109 do Consello de Guerra que condenou a catorce membros destacados da FUE a penas de entre un e oito anos de reclusión. Entre os acusados estaba Nicolás Sánchez Albornoz, fillo de Claudio Sánchez Albornoz. En 1958 fíxose cargo do Xulgado Militar Especial Nacional de Actividades Extremistas onde permaneceu ata 1964 cando se creou o Tribunal de Orde Pública (TOP). Este tribunal tiña xurisdición en todo o territorio nacional. As súas atribucións na xustiza levárono a conseguir o apelativo de "coronel inquisidor".Juan José del Águila, (2001), El TOP: la represión de la libertad, 1963-1977, Madrid, Ed. Planeta, pax. 111.
Notas
Categoría:Militares de España Categoría:Nados en Toledo Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Xuíces de España