Sebastiana Vitales Gascón, nada en Ansó (Huesca) o 21 de marzo de 1902 e finada en Venezuela o 19 de novembro de 2000, foi unha militante libertaria española.
Traxectoria En novembro de 1920 emigrou aos Estados Unidos con 18 anos. Instalouse en San Francisco e alí coñeceu ao seu compañeiro Francisco Ballón Pequeño. Retornaron a Coruña durante a República. Pertenceu á Vangarda Feminina da FAI, fundou Mujeres Libres na Coruña e colaborou en Solidaridad Obrera. Participou como oradora en varios mitins obreiros e a finais de 1935 na xira propagandística galega de Federica Montseny.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida acusada de acoller na súa casa a Juan Díaz Lobelos e Justo Galán Barbero. Estivo unha tempada encarcerada no cárcere da Coruña. Posteriormente estivo agochada, sobrevivindo facendo estraperlo de pan branco de Sada a Coruña e despois vendendo froita nas minas de volframio da Agualada en Coristanco. En 1954 emigrou a Venezuela coas súas dúas fillas.La historia es cruel con hombres como el fisterrán Francisco Ballón En Venezuela mantivo contactos co profesor Ángel Rama, co círculo anarquista de Tomás Germinal Gracia Ibars (Víctor García) e co grupo editor da revista anarquista Ruta. Notas
Véxase tamén Bibliografía Sebastiana Vitales Gastón (1902-2000)
Categoría:Anarquistas de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio Categoría:Nados na provincia de Huesca Categoría:Nados en 1902
Categoría:Finados en 2000