dereita|miniatura|Nouria Benghabrit en setembro de 2014 en Ghardaia na inauguración do curso escolar 2014-15.
dereita|miniatura|Nouria Benghabrit saudando o Presidente de Kenya, Uhuru Kenyatta, na Conferencia panafricana de educación (Nairobi, abril 2018).
dereita|miniatura|Nouria Benghabrit en 2015 en Idles. Nouria Benghabrit (en árabe ), nada en Oujda (Marrocos) o 5 de marzo de 1952, é unha política, socióloga e investigadora alxeriana. Foi Ministra de Educación entre 2014Ministre de l'Éducation nationale en premier-ministre.gov.dz . e 2019. O seu rigor e a súa man dereita á hora de tomar decisións, especialmente fronte aos sindicatos, valéronlle o alcume de «Dama de ferro» .
Traxectoria A súa familia é de Tlemcen, orixinaria de Al-AndalusHamza Ben Driss Ottmani, "Kaddour Benghabrit, un maghrebin hors du commun", capítulo I, páx. 13.. O seu marido é de orixe mourisca, sendo o patronímico Remaoun derivado da arabización do antropónimo castelán RamónAlgérie .. controverse sur les «origines» juives d'une nouvelle ministre, sur Al Arabiya.net .
É filla do muxahidin Djilali Benghabrit, finado en 2007, e neta do irmán de Si Kaddour Benghabrit, fundador da Gran Mesquita de París .
En 1973 licenciouse en Socioloxía pola Universidade de Orán, e nese mesmo ano comezou a impartir docencia en dita universidade. En 1976 foi nomeada xefa do departamento de Socioloxía حصة "حوار الساعة" لفريدة بلقسام (émission télévisée "Débat de l'heure") du 25 mars 2015, sur Algérie 3, e en 1977 obtivo o diploma de estudos avanzados en socioloxía da educación, especializándose na problemática da orientación escolar e profesional. Foi membro activo do Comité Universitaire de Volontariat (CUV) que mobilizou o estudantado para explicar ao campesiñado a campaña da Revolución Agraria. En 1982 doutorouse pola Universidade París V . Tras a súa creación en 1985 foi membro da Unité de Recherche en Anthropologie Sociale et Culturelle (URASC). Tamén dirixiu o Centre national de recherche en anthropologie sociale et culturelle (CRASC)La sociologie comme mode de décryptage des changements sociaux dans El Moudjahid du 22 mars 2012CRASC : les résultats des programmes de recherche PNR présentés dans El Watan du 22 décembre 2013, desde a súa creación en 1992 até o seu nomeamento como ministra. Como tal, está considerada unha ministra tecnócrata, alén de calquera militancia política. En 2002 e 2005 foi elixida, por dous mandatos sucesivos de tres anos, membro representante de África do Norte no Comité executivo do Conseil pour le développement de la recherche en sciences sociales en Afrique (CODESRIA). De 2003 a 2006 foi presidenta do comité árabe da Unesco para o ensino superiorBiographie de N. Bengharbrit-Remaoun sur le site de l'Unesco, e como tal, membro do comité mundial do foro da Unesco para o ensino superior, a investigación e o coñecemento. De 2007 a 2010 foi vicepresidenta do consello de administración do Institut Africain de la Gouvernance (IAG)Nouria Benghebrit «fait le ménage» au ministère de l'éducation, Par Walid Ait Said dans L'expression du 25 mai 2014.
En 2012, logo do seu nomeamento por parte do Secretario Xeral das Nacións Unidas, uniuse ao comité de políticas de desenvolvemento para un mandato de tres anos. Foi a primeira alxeriana en ser membro deste comité, mais dado que dito comité debe presentar ao Consello económico e social das Nacións Unidas análises e opinións independentesMembres du Comité pour les Politiques de Développement, renunciou logo de ser nomeada ministra.
En xullo de 2015, coa reforma do seistema educativo do país, viuse envolta en polémica por mor da inclusión do árabe alxeriano na escola, seguindo as recomendacións do uso de linguas maternas. Debido á situación de diglosia existente no país, houbo protestas por intentar substituír o árabe clásico . En 2017 un decreto do seu Ministerio prohibiu o uso do niqab e o velo integral nos centros escolares de AlxeriaSafia Mjid, « Vidéo. L'Algérie interdit le voile intégral et le niqab dans les établissements scolaires », h24info.ma, 21 septembre 2017..
Obra L'avenir des sciences sociales dans le monde arabe, édité et présenté par: Sari Hanafi, Nouria Benghabrit-Remaoun et Mustapha Mejahdi, Centre d'études de l'union arabe, Centre national de recherche en anthropologie sociale et culturelle et l'Association arabe de sociologie, 2015, 493 p. L’École : enjeux institutionnels et sociaux, Crasc, 2013 La difficile articulation formation professionnelle/emploi, p. 361, éd. Karthala, 2010 Le système LMD (Licence-Master-Doctorat) en Algérie : de l’illusion de la nécessité au choix de l’opportunité, JHEA/RESA Vol. 7, 2009 L’Algérie 50 ans après : état des savoirs en sciences sociales, 1954-2004, dir. Mustapha Haddab, Oran, éd. CRASC, 2008, critique de Aïcha Benamar in Revue algérienne d'Anthropologie et de Sciences sociales, p.93-97, n°43, 2009 Enfance et socialisation, Revue algérienne d'Anthropologie et de Sciences sociales, p. 11-133, 2008 Le préscolaire en Algérie: état des lieux et perspectives, p. 270, 2005, Où va l'Algérie, ch. 13, École et religion, p. 289-302, éd. Karthala, 2001, L’école algérienne : transformations et effets sociaux, Casbah, 1998 Rapports à l’institution scolaire chez les lycéens de terminale, Revue Insaniyat, p. 39-52, n°6, 1998 Enseignement pré-scolaire : histoire d'un statut, Urasc, 1992
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Site officiel du ministère de l'Éducation nationale
Categoría:Políticos de Alxeria Categoría:Ministros de Alxeria Categoría:Pedagogos de Alxeria Categoría:Sociólogos de Alxeria Categoría:Alumnos da Universidade de Orán Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Marrocos