Elizabeth Zandile Tshele, nada en Tsholotsho o 12 de outubro de 1981 é unha escritora de Zimbabwe,, coñecida polo nome artístico de NoViolet Bulawayo.
Traxectoria Fixo a educación secundaria nos institutos de Njube, Mzilikazi e nos Estados Unidos no Kalamazoo Valley Community College,. Estudou Lingua e Literatura inglesa na Texas A&M University-Commerce e na Universidade Metodista do Sur. En 2010 rematou un mestrado de Escritura creativa na Universidade de Cornell, onde foi premiada pola Truman Capote Literary Trust.
En 2011 gañou o Premio Caine co seu relato "Hitting Budapest",, publicado no Boston Review en 2010 e que se convertería no capítulo inicial da súa primeira novela, We Need New Names, publicada en 2013. A obra foi seleccionada para o Premio Booker,, co que Bulawayo se converteu na primeira muller negra africana e a primeira persoa de Zimbabwe en ser seleccionada para dito premio. A obra recibiu tamén o Premio Etisalat e o Hemingway Foundation/PEN Award.
Obra "Snapshots" (2009), publicado en New Writing from Africa 2009 (J. M. Coetzee, ed.) "Hitting Budapest" (2010), publicado en Boston Review e The Caine Prize for African Writing 2011 2013: We Need New Names
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas NoViolet Bulawayo , official website.
Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Zimbabwe Categoría:Escritores de Zimbabwe Categoría:Escritores en lingua inglesa