Yan Fu (chinés tradicional: 嚴復; chinés simplificado: 严复; pinyin: Yán Fù; Wade-Giles: Yen² Fu⁴), nome de cortesía Ji Dao (幾道), nado en Fuzhou o 8 de xaneiro de 1854 e finado Guanhang o 27 de outubro de 1921, foi un estudoso e tradutor chinés, coñecido por introducir ideas occidentais, incluída a selección natural de Darwin, na China de finais do século XIX.

Traxectoria Yan Fu naceu na moderna Fuzhou (provincia de Fujian) nunha respectada familia dedicada á medicina chinesa. Nos seus primeiros anos, o pai de Yan Fu animouno a obter unha maior educación e prepararse para o exame imperial. Non obstante, a morte do seu pai en 1866 provocou un cambio brusco nos plans. Un ano máis tarde, Yan Fu entrou na Academia do Arsenal de Fujian (福州船政學堂) de Fuzhou, escola occidental en que estudou unha variedade de materias, como inglés, aritmética, xeometría, física, química, astroloxía e navegación. Este foi o punto decisivo na vida do mozo Yan Fu xa que puido experimentar un contacto de primeira man coas ciencias occidentais, punto de inspiración do entusiasmo que obtivo no resto da súa carreira.

Tras graduarse con altos honores en 1871, Yan Fu continuou a pasar os seguintes cinco anos no mar. Primeiro serviu a bordo do buque escola Jianwei (建威) e despois no cruceiro de batalla Yangwu (陽武). en 1877–79 estudou no Royal Naval College, Greenwich. Durante os seus anos alí, coñeceu o primeiro embaixador da China, Guo Songtao, e a pesar da súa diferenza de idade e status estableceron unha forte amizade. Benjamin Schwartz menciona na súa biografía que "adoitaban pasar días e noites enteiras discutindo diferenzas e semellanzas no pensamento e institucións políticas chinesas e occidentais".Benjamin I. Schwartz (1964). In Search of Wealth and Power: Yen Fu and the West. Cambridge: Belknap Press of Harvard University Press. páx. 29

A súa volta á China, con todo, non trouxo o éxito inmediato que agardaba. A pesar de que non puido aprobar o Exame Imperial do Servizo Civil, logrou obter un posto como profesor na Academia Arsenal de Fujian e despois na Escola Naval de Oficiais de Beiyang (北洋水師學堂) en Tianjin. Durante este tempo, Yan Fu sucumbiu á adición ao opio que brotara na China.Benjamin I. Schwartz (1964). In Search of Wealth and Power: Yen Fu and the West. Cambridge: Belknap Press of Harvard University Press. páx. 32

Non foi ata despois da derrota chinesa na primeira guerra sino-xaponesa (1894–95) polo control de Corea, que Yan Fu se fixo célebre. É lembrado polas súas traducións, incluídas Evolution and Ethics, de Thomas Huxley, A riqueza das nacións de Adam Smith e Study of Sociology, de Herbert Spencer.Yan Fu. Britannica.com. Yan criticou as ideas de Darwin e doutros, ofrecendo as súas propias interpretacións. As ideas de "selección natural" e "supervivencia do máis apto" foron introducidas aos lectores chineses a través da obra de Huxley. A idea de selección natural foi traducida por Yan Fu como tiānzé (天擇).

Yan Fu traballou como editor do xornal Guowen Bao.Hegel, Robert E. "The Chinese Novel at the Turn of the Century" (crítica do libro). Chinese Literature: Essays, Articles, Reviews (CLEAR), , 07/1983, Volume 5, Issue 1/2, pp. 188–191 - citado na páx. 189. Involucrouse politicamente e en 1895 entrou no movemento Gongche Shangshu, que se opuña ao tratado de Shimonoseki que acabou coa primeira guerra sino-xaponesa. En 1909 déronlle o grao honorífico de Jinshi. En 1912 converteuse no director da Universidade Nacional de Pequín. A universidade mantén unha conferencia académica anual na súa honra.First Yan FU Academic Forum held at PKU . Peking University.

Ao final da súa vida, Yan Fu foi un monárquico e conservador que apoiou a Yuan Shikai (袁世凱) e Zhang Xun (張勛) para proclamárense emperadores. Tamén participou na fundación de Chouanhui (籌安會), organización que apoiou a restauración monárquica. Riuse das "Novas Literaturas Revolucionarias" como a de Hu Shih (胡適).

O 27 de outubro de 1921, tras marchar da súa casa de Fuzhou só un ano antes para recuperarse da súa asma recorrente, Yan Fu faleceu aos 67 anos.

Teoría da tradución miniatura|200px|Estatua de Yan Fu en Tianjin Yan afirmou no prefacio da súa tradución de Evolution and Ethics (天演論) que "hai tres dificultades na tradución: fidelidade, expresividade e elegancia" (譯事三難:信達雅). Non as estableceu como os estándares xerias para a tradución e non dixo que fosen independentes uns dos outros. Porén, dende a publicación da obra, a frase "fidelidade, expresividade e elegancia" foille atribuída como estándar para unha boa tradución e converteuse nun clixé nos círculos académicos chineses, provocando numerosos debates e teses. Algúns estudosos indican que a expresión realmente deriva do teórico da tradución escocés Alexander Fraser Tytler.

Aínda que a prosa clásica de Yan Fu cumpría os estándares de "fidelidade, expresividade e elegancia", algúns criticaron o seu traballo por non ser accesible ás novas xeracións.Huang, Ko-wu (2003). "The Reception of Yan Fu in the Twentieth-Century China." University Press of America. 25-44

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Detailed biography and with related essays Algunhas das súas obras en liña, incluída a tradución de Evolution and Ethics

Categoría:Nados en Fujian Categoría:Nados en 1853 Categoría:Finados en 1921 Categoría:Escritores da China Categoría:Escritores en lingua chinesa Categoría:Tradutores Categoría:Académicos da tradución Categoría:Filósofos da China Categoría:Filosofía chinesa